IV Gala do deporte

Convócase a Gala do Deporte 2022 do Concello de Cambre, na que se premiará aos deportistas e equipos máis destacados nas diferentes disciplinas do deporte federado na tempada 2021/2022, así como o recoñecemento público daquelas persoas e entidades que, tanto pola traxectoria deportiva como profesional ao longo da súa carreira, contribuiron á potenciación dos valores que o deporte representa.

As votacións pecharanse o vernes 18 ás 12.00 h