Ecotazas

En que consiste e cal é o obxectivo desta iniciativa?

Trátase dun sistema de préstamo de cuncas co que se pretende fomentar a reutilización nos eventos que se celebren no Concello, desterrando desta maneira o uso dos vasos e cuncas desbotables que ao final do día convértense nun residuo.

O obxectivo final desta iniciativa é reducir o impacto negativo que teñen as festas e os eventos no medioambiente, xa que non hai que esquecer que neles xéranse unha gran cantidade de residuos.

Unha vez superados os 8 usos dunha ecotaza xa se lograría alcanzar o obxectivo de reducir o impacto ambiental que xerou a súa creación.

Como funciona este sistema?

O Concello fará entrega das ecotazas a aqueles asistentes dos eventos que estean interesados en utilizalas, estes a cambio só terán que entregar un euro por cunca en concepto de fianza.

Unha vez que o veciño/a faga uso da cunca, terá que devolvela para poder recuperar o seu diñeiro e para que esta poida seguir sendo utilizada en próximos eventos.

Eventos nos que xa foron utilizadas as ecotazas:

1. Entroido de O Temple e de Cambre 2020: Repartíronse un total de 800 cuncas, das cales 757 foron devoltas tras ser utilizadas

2. Búsqueda do Tesouro celebrada polo día do Medio ambiente: 50 cuncas repartidas ñ

Grazas ao uso das ecotazas nestes eventos conseguiuse evitar o consumo de centos de vasos de usar e tirar

Como son as ecotazas?

As cuncas son de cor verde e contan co hashtag #ecofestascambresas co fin de seguir promovendo as boas prácticas ambientais entre os veciños e veciñas do municipio. En canto á súa composición, está elaborada cun 50% de bambú e con outro 50% de propileno.

Pide os teus ecotazas en préstamo!
Se vas celebrar un evento e eres veciño de Cambre podes pedirnos prestadas estas ecotazas para poder utilizalas na túa celebración privada.
Escríbenos a medioambiente@cambre.org ou chámanos ao 698177121(tamén dispoñible whatsapp)