Carné de lector/a

É gratuito e válido para as tres bibliotecas e tamén para todas as Bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Cómo fago o carné?
• Só cómpre cumprimentar unha solicitude onde figuran os datos persoais, e presentar o DNI para que poidamos corroborar os teus datos.
• Os menores de 16 anos deberán ser autorizados por unha persoa adulta (nai, pai, titor, titora).
• Os cambios nos datos persoais haberán de ser comunicados á biblioteca.
• O carné só se cambiará no caso de deterioro ou perda, neste último caso haberá de cumprimentarse unha nova solicitude. Ata que non o fagas non porás levar ningún material en préstamo.

Para qué serve?
• Para acceder ao servizo de préstamo.
• Permite o uso gratuito das terminais informáticas (1 h. 30´ ao día).
• Para formar parte dos Clubs de lectura.
• Para asistir a todas as actividades programadas fóra do horario escolar.

Préstamos (suprimir e Internet deste apartado)

Ata un máximo de 5 documentos por carné, limitado a:
• 2 libros da sección adultos, durante 15 días.
• 3 libros da sección infantil, durante 15 días.
• 1 material audiovisual, durante 7 días.
• 1 publicación periódica, durante 7 días.
• 1 dispositivo de lectura móbil (maiores de 16 anos), durante 15 días. Para o préstamo destes dispositivos cómpre asinar as correspondentes normas específicas.

As publicacións periódicas prestables son as anteriores ás últimas recibidas.
Todo é renovable polo tempo equivalente, se non hai lista de espera, agás as publicacións periódicas que non se renovan.

Documentos non prestables:
Os xornais e determinadas revistas ou ooutro tipo de publicación periódica, dicionarios, diccionarios enciclopédicos, atlas, libros de arte, así como todos aqueles libros de consulta que formen parte dunha colección. Ademais, todos aqueles que por outros motivos a biblioteca considere documentos non prestables.

Renovacións:
Máximo 2 renovacións por documento, sempre que non estea nas listas de espera.
Reservas:
Faránse na propia biblioteca, na páxina web ou por teléfono. O prazo para recoller as reservas é de 2 días dende que é avisado o/a usuario/a.

Infraccións e sancións (Ordenanza, art. 25 a 28)

Os días de demora sancionaranse co non dereito a préstamo por un tempo igual á demora.
No caso de perda ou deterioro dun documento, haberá de ser reposto por outro igual
Podes consultar online o catálogo de libros no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.org
Pulsando aquí tes un manual para facer a búsqueda