Servizos da rede

Os servizos da rede de bibliotecas teñen como obxectivo promover a apoiar a paixón pola lectura e a aprendizaxe de todos os veciños e veciñas.

  • Acceso libre ás salas para préstamo e consulta.
  • Información inmediata sobre as condicións de acceso a todas as coleccións, servizos e actividades.
  • Préstamo persoal ou colectivo de libros, música, filmes e diversidade de documentos e soportes de información.
  • A disposición dos usuarios/as temos varios exemplares de todos os libros de lectura obligatoria dos centros de ensino público de Cambre.
  • Referencia, apoio e orientación bibliográfica personalizada.
  • Acceso a Internet, WIFI, reprografía, equipamentos e aplicacións ofimáticas.
  • Servizos en liña: consulta de catálogos, novidades, préstamos das coleccións en formato dixital, reserva e renovación de exemplares.
  • Apoio específico á comunidade educativa.
  • Desiderata: admisión de propostas, suxestións e queixas.

Consulta o noso catálogo en:
http://rbgalicia.xunta.gal

Acceso a GaliciaLe (préstamos en liña de libro electrónico):
http://www.galiciale.es/