As solicitudes de prórroga presentaranse no modelo Anexo I e Anexo II xunto coa documentación que acredite a alta en Facenda no epígrafe correspondente de venda ambulante a alta na Seguridade Social:
- Impreso de solicitude Anexo I
- Declaración responsable Anexo II ou Declaración responsable Anexo V
- Certificado de situación no censo de actividades económicas da Axencia Estatal Tributaria (AEAT).
- Informe actualizado de vida laboral da Seguridade Social.
- Contrato de traballo, se é o caso.
A unidade tramitadora resérvase a posibilidade de recabar calquera tipo de documentación complementaria para a correcta xestión do trámite.