Rede de Bibliotecas Municipais do Concello de Cambre

“UN LIBRO SEMPRE COMIGO”

O Concello de Cambre dispón na actualidade das seguintes bibliotecas:

• Biblioteca Municipal Central.
• Biblioteca Municipal Os Templarios.
• Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.

Pertencentes á Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. http://rbgalicia.xunta.gal
A través da súa web podedes consultar tamén toda a información de interese relacionada coas bibliotecas.

Horarios de apertura:

Para acudir ás Bibliotecas Municipais de Cambre (Central, Os Templarios e Xabier P. Docampo) será preciso reservar cita previamente mediante correo electrónico.

Horario ordinario:
De luns a venres nas tres bibliotecas: de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
Sábados:
Biblioteca Central e Biblioteca Templarios: de 10:00 a 13:00 horas

O horario de verán das bibliotecas aplicarase ata o 9 de setembro. Ata entón, o horario para as tres instalacións será o seguinte:
De luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.
O horario durante o Nadal e a Semana Santa será mesmo que durante o verán.

Biblioteca Municipal Central:

As instalacións da Biblioteca Central de Cambre están abertas dende o 30 de setembro de 2020. Este espazo adicado aos amantes da lectura dispón de máis de 500 metros cadrados divididos en dúas zonas: unha destinada ao público adulto e outra para os pequenos/as lectores; así como unha área administrativa e de despachos e aseos.

Estrada da Castellana nº2
15660 Cambre
Teléfono: 981 675 109
e-mail: bibliotecacambre@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org

Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo:

As instalacións da Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo foron inauguradas o 20 de febreiro de 1998. Atópanse ubicadas na urbanización A Barcala.
Debe o seu nome á figura do Mestre, escritor infantil, contacontos, actor, guionista e gran promotor da lingua e cultura galega que tivemos a honra de ter como veciño ate o seu paramento en 2018.

Dirección: C/ Río Gándara, 6-baixo esq.
Urb. A Barcala-Cambre
Teléfono: 981 665 236
e-mail: bibliotecaxabierdc@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org

Biblioteca Municipal Os Templarios:

As instalacións da Biblioteca Municipal Os Templarios foron inauguradas o 9 de marzo de 1994 e están ubicadas na parroquia do Temple, a zona máis urbana do termo municipal. Dispón de dúas salas: unha destinada ao público adulto e outra para os pequenos/as lectores.

Dirección: Paseo dos Templarios, 9A O Temple-Cambre
Teléfono: 981 661 458
e-mail: bibliotecaostemplarios@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org