Novas
A Policía Local interpón sancións de 1.500 euros a dous mozos por realizar varias pintadas
Os axentes municipais lles requisaron, ademais, uns 20 sprays de pintura. A Policía Local denunciou, o pasado sábado, a dous veciños de Cambre de 21 anos por infrinxir a ordenanza de limpeza viaria e ornato público. En concreto, interpuxéronse dúas denuncias de 1.500...
Cambre solicita á Xunta que busque unha fórmula para axilizar a execución das parcelas de particulares sen limpar
O concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, sinala que se trata dunha cuestión que se repite ano tras ano e que xera unha gran preocupación veciñal. A tramitación para executar a xestión da biomasa require de numerosos pasos que dilatan a solución das...
Los Zigarros encabezará o cartel do Rock in Cambre o venres e Burning fará o propio na segunda xornada
Another Wasted Year, Leria, Inadaptados, The Peawees e Dakidarría actuarán o venres, día 12. Os concertos de Stonewolf, Sin City Devils, Hemacaos, Agoraphobia, Zenzar e Miguel Costas están previstos para o sábado, día 13. Tras dous anos de parón pola crise sanitaria...
Consulta a ordenanza de ruídos
O Concello de Cambre aprobou de xeito inicial a súa ordenanza de ruídos. Podes consultar o documento completo aquí: Ordenanza contaminación acústica
Aberto o prazo de solicitude das axudas a asociacións empresariais e as do Consolida Cambre
O goberno local aumentou nun 75% as axudas a asociacións, pasando dos 40.000 euros consignados en 2021 aos 70.000 euros deste ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 10 de agosto. O Concello de Cambre publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia...
A arte urbana volve ás rúas de Cambre co V Cromático Mural Fest
Hoxe comezaron a traballar os artistas, Mon Devane, Socatoba, Magda Cwik e Huariu, que plasmarán as súas creacións en Sigrás, Cambre, A Barcala e O Temple. Hoxe, luns 11 de xullo, deu comezo a quinta edición do Cromático Mural Fest, un evento co que o Concello de...
O Concello e as asociacións contan os días para a Galaicoi, que ofrecerá verbena e xogos olímpicos castrexos
O Concello e as asociacións contan xa os días para a celebración dunha das súas citas grandes: a Romaría Castrexo-Romana Galaicoi, que vivirá, o 15, 16 e 17 de xullo, a súa quinta edición. O teatro do Parque da Igrexa acolleu, esta mañá, a presentación do evento, na...
Dous mozos deberán indemnizar ao Concello con 800 euros por provocar desfeitas nuns aspersores do Paseo Marítimo
Os feitos producíronse en 2021, cando a Policía Local recibiu a chamada dun hostaleiro alertando de que dúas persoas estaban a provocar estas desfeitas. Dous mozos de 30 e 25 anos, e naturais de Culleredo, terán que indemnizar ao Concello de Cambre con 840,95 euros...
O alcalde e o presidente da Asociación de Veciños O Gaiteiro de Sigrás supervisan as obras da parroquia
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o presidente da Asociación de Veciños O Gaiteiro de Sigrás, Evaristo Canosa, supervisaron, esta mañá, o avance dalgunhas das obras que, actualmente, están en marcha na parroquia: o proxecto de mellora da accesibilidade na...
O Temple Jazz consolídase na programación cultural de verán e ofrecerá catro concertos de grandes expoñentes do xénero
O éxito das últimas edicións e o interese suscitado por iniciativas similares como o Ciclo Noites de Jazz reafirman a conclusión á que o alcalde, Óscar García Patiño, e a concelleira de Cultura, Mónica Varela, chegaron esta mañá: o jazz é un xénero en auxe en Cambre e...
A campaña da Policía para evitar que os condutores usen o móbil en pasos de peóns sáldase cunha decena de multas
Os controis leváronse a cabo nas sendas que entrañan un maior risco para o viandante. A Policía Local acaba de concluír a súa última campaña, na que puxo o foco, de novo, na seguridade viaria. Nesta ocasión, os axentes municipais centraron esforzos en evitar o uso do...
O Concello inicia o proceso para decretar a caducidade de 25 licenzas urbanísticas sen executar desde hai dúas décadas
Correspóndense coa construción de vivendas unifamiliares, pareados adosados en solos cualificados como non urbanizables interior a núcleo rural e rústicos. Coa vista posta na próxima aprobación inicial do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), o Concello acaba de...
Cambre sumará novas obras ao seu museo ao aire libre da man do V Cromático Mural Fest
O alcalde, Óscar García Patiño, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, o técnico de Xuventude, Chus Díaz, e o comisario da quinta edición, Arcadi Poch, presentaron a nova edición do festival. O evento celebrarase entre o 11 e o 17 de xullo e, por...