Programación para prelectores e primeiros lectores

PROGRAMA “CONTA CONTA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE”

Esta programación abarca tres actividades:

• O MOUCHO LEROUCHO

Personaxe mascota das Bibliotecas Municipais de Cambre, creado en 1994. Comprende as actividades desenvolvidas nas bibliotecas e as levadas a cabo nas aulas de Educación Infantil e 1º curso de Educación Primaria de todos os Centros de Ensino Público de Cambre.

BREVE DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:
Partindo da selección dun libro como punto de partida a xenial personaxe achégao aos máis pequenos a través do contacontos, o teatro, a dramatización de texto…
Lévase a cabo tanto nas Bibliotecas Municipais como nas escolas de Cambre.

CALENDARIO DE EXECUCIÓN:
Abarca de outubro a maio. Sesións de carácter especial, en abril e maio, coincidendo co mes dos Libros e co mes das Letras Galegas. Ademais hai 3 sesións especiais, unha en cada Biblioteca, a finais de maio, “A Festa dos Contos”, como remate de cada tempada de programación.

DESTINATARIOS:
As actividades que realizamos con este personaxe van dirixidas aos prelectores e aos primeiros anos de Educación Primaria.
-Nas bibliotecas, o ámbito territorial é aberto. Ademais de residentes en Cambre, acuden de municipios limítrofes. Con adultos acompañantes.
-As visitas aos colexios para as sesións de O Moucho nas escolas, van dirixidas a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º curso de E. Primaria dos Centros de Ensino público de Cambre, divididos en 19 grupos.

• PAULA CARBALLEIRA

Actividade de contacontos, baseado sobre todo na oralidade e no exercício teatral, da man de Paula viaxamos polo mundo a través dos contos.

CALENDARIO DE EXECUCIÓN:
De novembro a maio. Sesións de carácter especial, en abril e maio, coincidendo co mes dos Libros e co mes das Letras Galegas.

DESTINATARIOS:
Actividade aberta a público infantil, con adultos acompañantes
O número de beneficiarios deste programa é semellante por sesión ao Moucho Leroucho.

• CONTACONTOS EN INGLÉS

BREVE DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:
Contacontos en língua inglesa.
Trátase de achegar a lectura noutras linguas, como é o caso do inglés.
O libro sempre presente, apoiado con textos dramatizados, oralidade, e recursos dixitais

CALENDARIO DE EXECUCIÓN:
Posúe un calendario estable de novembro a maio, con
sesións mensuais, na Biblioteca Municipal Os Templarios,
unha por mes, intercaladas sempre coas sesións do Moucho Leroucho e de Paula Carballeira.

DESTINATARIOS:
Actividade aberta a público infantil, con adultos acompañantes.

Para acudir ás sesións do Moucho Leroucho necesitarás unha invitación, que recollerás nas bibliotecas municipais ou reservarás por teléfono.
Na Biblioteca Os Templarios tamén precisarás invitación para as sesións de Paula Carballeira.