Programas de Nadal

Visita de Papá Noel.

Nas datas de Nadal é tradición que Papá Noel e o/a seu/súa paxe percorran os centros escolares recollendo as cartas que todos os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º/2º de Educación Primaria lle escribiron, e repartindo caramelos.

Concurso “Cartel de Reis Magos”

O Concurso de “Cartel de Reis Magos” en Cambre vai dirixido ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dos colexios públicos do municipio de Cambre.

Os/as participantes do concurso teñen que facer un debuxo da festividade dos Reis Magos en Cambre.

O debuxo gañador do concurso será o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Cambre no ano que corresponda.

Premios:

Haberá premio para o cartel gañador do concurso e outros pola súa participación.