Temple Jazz

O noso festival máis recente pero non por iso menos importante. Coa chegada do verán o Parque Ramón Barba acolle o son dos saxofóns, clarinetes e trombóns para que os amantes do jazz e os interesados/as en coñecelo poidan desfrutalo.
O jazz está cheo de subxéneros e matices emocionais aos que nos conducen dende o jazz máis alegre ate o máis nostálxico suscitando todo tipo de sensacións e reducindo o estrés. A súa mistura cultural: africana, americana e europea carga este xénero musical de riqueza cultural.
Grazas a inestimable colaboración, implicación e asesoramento de Nani García Temple Jazz pretende consolidarse como referente e acadar a maioría de idade convertido nunha das insignias culturais do noso Concello.