Xunta de Goberno Local

XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE CAMBRE 2023-2027

COMPOSICIÓN 

  • Dª Diana Piñeiro Fernández (alcaldesa-presidenta)
  • Rubén Vázquez Pérez
  • Dª Patricia Esther Espiñeira Galán
  • Omar Gonzalo Lamela Vázquez
  • Raúl Varela Fraguío 

 

COMPETENCIAS

O artigo 23.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigo 65.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e artigo 71 do Regulamento orgánico municipal establecen que lle corresponde á Xunta de Goberno Local a asistencia ao alcalde no exercicio das súas atribucións, así como as atribucións que o alcalde ou o Pleno lle deleguen, ou as que lle atribúan as leis.

A este respecto faise constar que:

Primeiro.- O pleno municipal do Concello de Cambre non levou a cabo ningunha delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local.

Segundo.- Por Resolución da Alcaldía núm. 391/2025, do 30 de abril, a Sra. alcaldesa delegou na Xunta de Goberno Local, como órgano colexiado, as seguintes atribucións:

  1. As competencias como órgano de contratación respecto de:
  • os contratos de obras, de subministración, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
  • a adxudicación de concesións sobre os bens da entidade local, salvo a concesión do dereito de uso privativo sobre urnas e cinseiros no cemiterio municipal, e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos administrativos do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.

Esta competencia delegada levará aparellada a de autorizar e dispoñer os gastos correspondentes contra partidas orzamentarias cuxa xestión lle corresponda, en virtude do establecido nos artigos 116.5 e 117.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP) e demais actos e trámites que, en xeral, a normativa vixente atribúe ao órgano de contratación.

Quedan reservadas á Alcaldía en materia de contratación:

  • a dirección e xestión administrativa da contratación municipal, así como a competencia para autorizar e dispoñer os gastos correspondentes aos contratos menores de contía inferior a 6.000 euros IVE excluído, que corresponderán, de acordo coa delegación de competencias efectuada por esta Alcaldía, ao concelleiro delegado da Área de Economía, Facenda, Contratación, Réxime Interior e Desenvolvemento Económico
  • e a revisión de oficio dos actos nulos
  1. A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.
  1. A devolución de garantías de todo tipo de contratacións e concesións que deriven de asuntos de competencia da Xunta de Goberno Local.
  1. A aprobación da oferta pública de emprego de acordo co orzamento e o cadro de persoal.
  1. A aprobación dos instrumentos de desenvolvemento de planeamento xeral non atribuídos ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

De conformidade co establecido no artigo 21.1 k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, corresponden á Alcaldía o exercicio de accións xudiciais e administrativas e a resolución dos recursos de reposición que se poidan interpoñer contra as resolucións ditadas no uso das facultades delegadas.

DÍA E HORA DE CELEBRACIÓN 

A Xunta de Goberno Local reunirase, en sesión ordinaria, os martes, ás 10.00 horas.

Actas Xunta de Goberno Local 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.