O Concello de Cambre abrirá o vindeiro 7 de xullo o prazo de inscrición no Programa Mañanceiro para o curso escolar 2026-2027, un servizo municipal de atención, vixilancia e almorzo dirixido ao alumnado dos centros de Educación Infantil e Primaria do municipio.

O programa ten como obxectivo facilitar a conciliación das familias, ofrecendo atención ao alumnado antes do inicio da xornada lectiva.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 7 de xullo ao 7 de agosto de 2026. Non obstante, tamén se poderán presentar solicitudes ao longo do curso escolar, tendo en conta que, no caso de que o grupo xa conte co máximo de escolares, a persoa solicitante será incluída na lista de agarda.

O servizo desenvolverase nos seguintes centros educativos do municipio:

  • Escola de Educación Infantil San Bartolomeu de Pravio.
  • CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás.
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.
  • CEIP Emilio González López de Brexo-Lema.
  • CEIP Portofaro.
  • CEIP Plurilingüe Graxal.

Poderán participar os nenos e nenas empadroados no Concello de Cambre e matriculados nun centro escolar de Educación Infantil ou de Educación Infantil e Primaria do municipio. No caso de existir prazas vacantes, poderán admitirse participantes non empadroados.

O Programa Mañanceiro desenvolverase de luns a venres nos días lectivos, segundo o calendario escolar oficial do curso 2026-2027, en horario de 7:30 horas ata o comezo da xornada escolar de cada centro.

O inicio do servizo coincidirá co primeiro día oficial do curso escolar 2026-2027. No caso do alumnado de 3 anos, comezará unha vez rematado o período de adaptación e cando inicie a súa xornada escolar completa.

As familias poderán solicitar diferentes modalidades:

  • Mes completo ou días soltos (ata un máximo de 12 días).
  • Con almorzo ou sen almorzo.

O programa contará con persoal cualificado encargado da realización de actividades de ocio e tempo libre, así como da organización, elaboración e servizo do almorzo para o alumnado participante que o solicite.

O número máximo de prazas dispoñibles para cada centro será inicialmente de 26 escolares, aínda que poderá variar en función da demanda real, do espazo dispoñible en cada centro e do orzamento existente.

As solicitudes deberán presentarse mediante o formulario correspondente a través da sede electrónica da web municipal ou en calquera dos Rexistros de Entrada do Concello de Cambre.

O Concello publicará o 28 de agosto de 2026 unha información inicial sobre as solicitudes recibidas. Posteriormente, unha vez estudadas e resoltas, publicarase a relación de persoas admitidas, excluídas e a lista de agarda antes do inicio do curso escolar 2026-2027.

As vacantes que se produzan ao longo do curso serán cubertas polos nenos e nenas incluídos na lista de agarda.

Para máis información, as familias poden contactar co departamento de Educación do Concello de Cambre:

Teléfono: 981 61 32 91
Correo electrónico: educacion@cambre.org

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.