O Concello de Cambre sumouse este mércores, 28 de outubro, á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) cun minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo. A concentración celebrouse ás 20.00 horas diante da casa do Concello.
Con este acto, o Concello expresou o seu pesar polo sucedido e trasladou o seu máis sentido pésame ás familias e ás persoas achegadas das vítimas, así como a súa solidariedade con todas as persoas afectadas.
Desde o Concello de Cambre agradécese a participación das persoas que se achegaron á concentración para compartir esta mostra de respecto e apoio.