O Concello de Cambre informa de que, con motivo da folga xeral convocada para o mércores 11 de novembro de 2026, o funcionamento habitual do servizo municipal de Mañanceiro poderá verse afectado.
Co obxectivo de garantir a atención ás familias usuarias, o Concello estableceu os seguintes servizos mínimos, que deberán contar, polo menos, coa presenza do persoal indicado en cada centro educativo:
| Centro educativo | Servizos mínimos |
|---|---|
| CEIP Emilio González López | 1 monitor/a |
| CEIP Gonzalo Torrente Ballester | 1 monitor/a |
| CEIP Wenceslao Fernández Flórez | 2 monitores/as |
| CEIP Graxal | 3 monitores/as |
| CEIP Portofaro | 2 monitores/as |
| EEI San Bartolomeu de Pravio | 1 monitor/a |
Información importante para as familias:
- O servizo de Mañanceiro non queda suspendido, xa que se estableceu unha dotación mínima de persoal nos seis centros educativos.
- A atención poderá verse limitada en función do seguimento da folga por parte do persoal.
- Os servizos mínimos corresponden exclusivamente á xornada do 11 de novembro de 2026.
- A medida afecta ao servizo municipal prestado pola empresa A Billarda, S.L.
O Concello de Cambre agradece a comprensión e colaboración das familias ante as posibles alteracións no funcionamento habitual do servizo.