O Concello de Cambre e a Asociación Xuvenil XentD100cia (Xente de Ciencia) coorganizan a IX edición da Open Science Cambre, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de setembro no Parque da Igrexa.

A Open Science Cambre é unha feira científica gratuíta na que o público poderá gozar de espectáculos, xogos e demostracións científicas de centros de España e doutros países. Nesta edición está prevista a participación de máis de 150 mozos e mozas científicos de entre 8 e 20 anos, procedentes de dentro e fóra de España.
O horario da feira será o seguinte:

  • Venres 18 de setembro: de 17.30 a 23.00 horas.
  • Sábado 19 de setembro: de 12.00 a 19.00 horas.
  • Domingo 20 de setembro: de 10.00 a 14.00 horas.

Familias acolledoras

A organización busca tamén familias de Cambre e arredores que queiran acoller a un ou varios estudantes participantes, unha das características propias da Open Science Cambre.

O alumnado chegará o venres 18 pola tarde e marchará o domingo 20 ao mediodía. As familias acolledoras deberán recoller aos estudantes no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, ofrecerlles a cea dos días 18 e 19, o almorzo dos días 19 e 20 e aloxamento durante as noites do 18 e do 19. Durante o horario da feira, os estudantes estarán acompañados polo profesorado responsable.
As persoas interesadas en participar como familias acolledoras deberán cubrir o cuestionario habilitado pola organización:

https://forms.gle/eWRZdQ97FRD1NdRk9
Para máis información pódese contactar a través do correo opensciencecambre@gmail.com ou da conta de Instagram @opensciencecambre.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.