Bases e Inscripciones Entroido Pequeno 2026

10 Feb 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebraráse o sábado 21 de febreiro de 2026, cunha xornada festiva que combinará desfile, concurso de disfraces e actuacións musicais.

Programa do sábado 21 de febreiro

  • 16.30 h · Desfile de carrozas e comparsas e concurso de disfraces, presentado por José Manuel González, cantante de Los Satélites, e amenizado por DJ Manry.

  • 21.30 h · Actuación musical a cargo de LOS INHUMANOS e da ORQUESTA LOS SATÉLITES.

Concurso de disfraces, comparsas e carrozas

Poderán participar nos concursos de disfraces, comparsas e carrozas as persoas e agrupacións que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

O período de inscrición estará aberto do mércores 11 ao mércores 18 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

A inscrición formalizarase mediante a presentación da solicitude correspondente en calquera das oficinas de Rexistro Municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Cambre (sede.cambre.es), sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para estes efectos, a data de inscrición que se terá en conta será a de entrada no Rexistro do Concello de Cambre.

Cada ficha de inscrición deberá presentarse de xeito individual, correspondendo cada asento no rexistro a unha única solicitude de participación. Non se considerarán válidos os asentos no rexistro que inclúan máis dunha solicitude.

Ficha Inscripición carrozas
Ficha Inscripición comparsas
Ficha Inscripición disfraces
Bases Entroido 2026

Taboleiro

OBRADOIROS DE SEMANA SANTA 2026

El Ayuntamiento de Cambre organiza los Talleres de Semana Santa 2026, una actividad de conciliación de la vida laboral...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.