O Concello de Cambre adhírese á iniciativa internacional #HoraDoPlaneta, promovida pola WWF, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de actuar fronte á crise climática.
Este sábado 28 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 horas, apagaranse as luces da Casa Consistorial, sumándose así a milleiros de cidades de todo o mundo neste xesto simbólico en defensa do medio ambiente.
Con esta acción, o Concello de Cambre reafirma o seu compromiso cun modelo de desenvolvemento máis sostible, responsable e respectuoso co planeta.
Máis información: https://horadelplaneta.wwf.es/