A mostra itinerante da Deputación da Coruña busca achegar á cidadanía a riqueza dos sectores mariñeiro e agrogandeiro da provincia

O Museo Arqueolóxico de Cambre acollerá, do 1 ao 15 de setembro, a exposición itinerante «Do mar e da terra», unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza dos sectores mariñeiro e agrogandeiro da provincia.

A mostra pretende sensibilizar á cidadanía sobre a importancia destas actividades, especialmente no relativo á sostibilidade, á produción e ao consumo de proximidade e á calidade dos produtos procedentes do mar e do medio rural.

A exposición está integrada por sete paneis expositivos e complétase con contidos interactivos, pensados tamén como recurso didáctico para achegar esta realidade á comunidade educativa.

A iniciativa percorrerá diferentes concellos da provincia ao longo do ano e permanecerá en Cambre durante a primeira quincena de setembro.

Datas: do 1 ao 15 de setembro de 2026
Lugar: Museo Arqueolóxico de Cambre

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.