O Concello de Cambre informa sobre o procedemento para solicitar autorizacións para a realización de cacharelas e sardiñadas con motivo da festividade de San Xoán.

As persoas interesadas en realizar cacharelas ou sardiñadas en espazos públicos deberán solicitar a correspondente autorización municipal, indicando os datos da persoa responsable e o lugar de emprazamento.

As solicitudes poderán recollerse no Salón de Plenos da Casa Consistorial os días 15, 16, 17, 19 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

No caso das cacharelas ou sardiñadas en espazos privados, e co fin de evitar incidencias, as persoas responsables deberán presentar previamente unha comunicación no Concello de Cambre.

O bando municipal establece tamén as condicións de seguridade para a celebración destas actividades, incluíndo a prohibición de realizar fogueiras en beirarrúas, prazas públicas ou lugares non autorizados, así como a obriga de manter as distancias de seguridade establecidas e dispoñer de medios de extinción axeitados.

Os permisos concederanse exclusivamente para a noite do 23 ao 24 de xuño. O horario para levar o material aos lugares autorizados establécese a partir das 16:00 horas do día 23.

O Concello fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza para garantir unha celebración segura e respectuosa coas normas establecidas.

O bando completo pode consultarse no documento adxunto.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.