Xogando no Nadal 2025 (Información inicial)

22 Dic 2025

O Concello de Cambre pon en marcha o programa Xogando no Nadal 2025/2026, dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º da ESO, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal.

As actividades desenvolveranse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez e incluirán propostas lúdicas, deportivas e culturais.

Quendas:

  • 1ª quenda: do 22 ao 26 de decembro (agás 25).

  • 2ª quenda: do 29 de decembro ao 7 de xaneiro (agás 1 e 6).

Servizos dispoñibles: mañanceiro, actividades de mañá e servizo de comedor.

Prazos de inscrición: do 24 de novembro ao 4 de decembro de 2025. As solicitudes fóra de prazo só se admitirán ata o 16 de decembro, sempre que existan prazas vacantes.

Para formalizar a inscrición deberán presentarse dous impresos obrigatorios:

  1. Impreso de solicitude

  2. Autorización de consulta de renda.

Toda a información detallada sobre requisitos, prezos, documentación e criterios de admisión pode consultarse no seguinte documento:
INFORMACION PROGRAMA XOGANDO NO NADAL 2025
ANUNCIO RESULTADO INICIAL XOGANDO NO NADAL 2025
RESULTADO FINAL NADAL 2025
INFORMACION INICIO CAMPAMENTO XOGANDO NO NADAL 25

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.