O Concello de Cambre acollerá o próximo domingo, 15 de novembro, a 33ª Exposición Micolóxica organizada pola Asociación Micolóxica Andoa, que este ano celebra o seu 30 aniversario.
A actividade desenvolverase no patio do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, en horario de 11:30 a 17:30 horas, e ofrecerá á veciñanza a oportunidade de achegarse ao mundo da micoloxía e coñecer a diversidade de cogomelos da nosa contorna.
Esta nova edición coincide coa celebración dos 30 anos de traxectoria da Asociación Micolóxica Andoa, entidade dedicada á divulgación e ao coñecemento da micoloxía.
O Concello de Cambre anima á veciñanza a visitar a exposición e participar nesta cita anual.