Juan González Leirós
Currículo de Juan
Atrio 1, Cambre
Oficina técnica urbanismo (sección planeamento)
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hConcellería de Urbanismo, Obras, Servizos, Transporte e Medio Ambiente
URBANISMO:
A Área de Urbanismo está englobada dentro da Concellería de Urbanismo e Obras do Concello de Cambre. Neste departamento lévanse a cabo todas as actuacións necesarias para a tramitación, instrución, resolución e execución dos procedementos e actos propios da materia urbanística.
Así, a Área de Urbanismo do Concello de Cambre encárgase dos seguintes labores:
- Xestión e execución das competencias municipais en urbanismo: planeamento, xestión urbanística, intervención administrativa e disciplina urbanística.
- Plan xeral e planeamento de desenvolvemento: plans parciais, plans especiais, estudos de detalle.
- Equidistribución e sistemas de actuación.
- Expropiacións forzosas.
- Proxectos de urbanización.
- Licenzas urbanísticas e comunicacións previas urbanísticas.
- Licenzas de actividade e apertura de establecementos e comunicacións previas de actividade.
- Promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira.
- Ordenanzas municipais en materia urbanística e de actividades.
- Xestión catastral.
- Licenzas para ocupación do dominio público, a excepción daquelas que impliquen permiso para a venda ambulante.
- Expedientes de disciplina urbanística, sancionadores e ordes de execución.
- Declaracións de ruína.
- Convenios urbanísticos.
OBRAS:
Pola outra banda, como parte da mesma Concellería, a Área de Obras encárgase da realización de todas as obras públicas municipais de maneira integral. Así, entre as súas competencias encóntranse as seguintes funcións:
- Redacción e dirección técnica dos proxectos de obras en edificios, instalacións e infraestruturas municipais.
- Programación das obras e proxectos vinculados a infraestruturas, edificios e instalacións públicas municipais.
- Control, vixilancia e supervisión dos proxectos das obras públicas vinculadas a infraestruturas, edificios e instalacións públicas municipais que se realicen polas empresas contratadas.
- Recepción e tramitación das propostas ou proxectos de obras vinculadas a infraestruturas, edificios e instalacións públicas municipais que se formulen con respecto das intervencións ou gastos de investimento público.
- Elaboración de estudos, inspeccións, informes e propostas sobre medidas concretas de actuación no mantemento dos edificios municipais.
- Supervisión e seguimento das obras públicas, controlando que as actuacións, as certificacións emitidas e os prazos se axusten ao contratado.
Medio Ambiente e Mobilidade
A área de Medio Ambiente e Mobilidade está enmarcada dentro da concellería de Educación, Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade. Esta área encárgase da xestión de políticas e proxectos vinculados con esta temática medioambiental e con asuntos de transporte e mobilidade no municipio.
Por un lado, desde Medio Ambiente lévanse a cabo as seguintes funcións:
• Posta en marcha de iniciativas e actividades de educación ambiental, investigación e avaliación e voluntariado ambiental.
• Posta en marcha de medidas que sirvan para promover o coidado do medio ambiente e dos espazos naturais do municipio.
• Deseño e posta en marcha, apoio, promoción e divulgación de plans e accións de sensibilidade e concienciación sobre o coidado do medio ambiente.
• Xestión de espazos naturais e da auga, entre outras temáticas.
• Promoción da actuación municipal conxunta para conseguir un desenvolvemento sustentable.
• Control da xestión de residuos urbanos.
• Posta en marcha de plans de optimización de recursos naturais e eficiencia enerxética.
• Posta en marcha de accións para o coidado e protección animal.
Por outro lado, desde Mobilidade lévanse a cabo as seguintes funcións:
• Planificación en materia de mobilidade e accesibilidade urbanas.
• Avaliación de medidas de desenvolvemento do Plan de Transporte de Galicia.
• Control do transporte metropolitano e urbano.
María Yolanda Díaz Baldomir
Río Barcés 4 (A Barcala) Cambre
(FAX) 981 654 813
Invierno de 8:30 a 14 h.
Concellería de Servizos Sociais e Recursos Humanos
Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación de Cambre e previr así que se produzan situacións de desigualdade entre os veciños e veciñas do municipio. A través deles, favorécese a participación, o libre desenvolvemento das persoas, a prevención e/ou atención inmediata ante situacións de necesidade, promovendo o desenvolvemento comunitario.
Desde esta área ofrécese un amplo abano de iniciativas co obxecto de mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Cambre e de axudar ás persoas que máis o precisan.
Para conseguilo, a concellería de Benestar Social conta cun equipo técnico profesional no ámbito social co que se busca chegar a toda a poboación de Cambre, e proporcionarlles información, orientación e asesoramento a todos os colectivos (maiores, novos, infancia, familia, mulleres, persoas con diversidade funcional, minorías étnicas, inmigrantes, etc.) . A todos eles ofrécenselles programas, actividades e accións cos que se pretende garantir unha calidade de vida sen excepción para todos os veciños e veciñas do concello.
Daniel Mallo Castro
Currículo de Daniel
Atrio nº1 Cambre
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hConcellería de Economía, Facenda, Innovación Tecnolóxica e Seguridade Cidadá.
A área de Seguridade Cidadá marcouse como obxectivo fundamental seguir traballando para conseguir uns niveis excelentes de seguridade para toda a poboación, regular a situación de tráfico no termo municipal, resolver a problemática de aparcadoiro e procurar que os cidadáns e cidadás cumpran coas ordenanzas vixentes para lograr a mellor convivencia posible no concello. Neste senso, a seguridade en Cambre fundaméntase en tres piares fundamentais: a Policía Local, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Polo tanto, desde a área de Seguridade Cidadá traballarase en estreita colaboración cos diferentes corpos de seguridade do municipio para cumprir os obxectivos anteriormente sinalados.
Economía e Facenda
Dende a área de Economía e Facenda xestiónase todo o relativo ás contas municipais, tanto aos ingresos como aos gastos así como o control e fiscalización interna da xestión económica, financieira e orzamentaria.
Ademais de xestionar os recursos económicos da administración local, esta área engloba o departamento de contratación local e central de compras do Concello de Cambre.
Miguel Ángel Gutiérrez Nieto
Currículo de Miguel Ángel
Río Barcés 7 bajo (A Barcala) Cambre
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hÓscar Barrientos Morales
Río Barcés 8 baixo (A Barcala) Cambre
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hConcellería de Cultura, Deportes e Xuventude
A concellería de Cultura está englobada dentro da concellería de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Cambre.
Dende a mesma e en estreita colaboración cos axentes culturais do municipio eláborase a proposta cultural municipal: ampla, variada e orientada a todos e todas.
As diferentes accións que se desenvolven dende esta área son as seguintes:
• Elaboración dunha programación cultural periódica, estable e orientada aos diferentes grupos de idade e emprazada nos distintos espazos culturais dos que dispón o Concello.
• Organización e coordinación de exposición, xornadas e concursos de carácter cultural adaptados tanto á tradición coma aos gustos e intereses da población en xeral.
• Coordinación da rede de bibliotecas municipal así como a organización de programas e actividades de animación que contribúan á creación e mantemento do hábito lector.
• Organización e coordinación de espectáculos públicos axeitados a cada época do ano e dos eventos culturais máis representativos do noso Concello.
• Colaboración e asesoramento para que as diferentes asociacións poidan organizar e desenvolver as festas parroquiais.
Concellería de Deportes, Xuventude
A concellería de Deportes e Xuventude encárgase de coordinar todas as actividades xuvenís e deportivas que se levan a cabo no concello ao longo de todo o ano, así como da xestión dos locais e instalacións municipais que se utilizan para levalas a cabo. Esta área é a responsable, así mesmo, da organización de actividades e eventos de dinamización da xuventude.
As liñas básicas de actuacións que se acometen desde esta concellería son as seguintes:
- Posta en marcha dunha programación cultural periódica, estable, segmentada por grupos de idade, variada e plural nos distintos espazos culturais dos que dispón o termo municipal.
- Organización e coordinación de exposicións culturais de xeito periódico, estable e segmentadas por grupos de idade, variadas e plurais nos distintos espazos culturais dos que dispón o termo municipal.
- O mantemento destes espazos, a dotación de equipamento técnico e a posta en marcha de novas instalacións.
- Coordinación da rede de bibliotecas municipal e organización de programas e actividades de animación que promovan a lectura.
- Organización e coordinación de diferentes espectáculos públicos ao longo de todo o ano.
- A organización das festas municipais e colaboración e asesoramento para a obtención da autorización municipal e o desenvolvemento das festas parroquiais.
- Planificación, coordinación e supervisión constante de todas as actividades deportivas que se levan a cabo no concello de Cambre ao longo de todo o ano.
- Posta en marcha das políticas e medidas necesarias para fomentar a práctica deportiva a todos os niveis e entre todos os rangos de idades.
- Achegar as infraestruturas deportivas aos veciños e veciñas e poñelas á súa disposición e popularizar a práctica deportiva entre todos os cidadáns do municipio.
- Coordinación e posta en marcha de cursos e escolas deportivas ao longo de todo o ano. Estas iniciativas desenvolveranse de xeito periódico e estable, e estarán segmentadas por nivel deportivo e por idade.
- Relación e coordinación constante cos distintos clubs e asociacións deportivas para colaborar de xeito constante con eles e para organizar actividades conxuntas que redunden no beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.
- Darlle información e asesoramento de xeito constante á xuventude.
- Organización e coordinación de actividades de ocio e tempo libre para a xuventude.
- Xestión da utilización de instalacións e equipamentos culturais e deportivos.
- Apoio técnico para a realización de actividades e outros proxectos das asociacións xuvenís do concello. Asesoramento e axuda na constitución de asociacións xuvenís.
- Darlle información e asesoramento á mocidade, a través dos servizos de información xuvenil municipais,
- Organización e coordinación de actividades de ocio e tempo libre para a mocidade, a través de programas específicos e da dinamización das casas de xuventude.
- Apoio técnico para a realización de actividades e outros proxectos das entidades xuvenís do concello.
- Asesoramento e axuda na constitución de asociacións xuvenís.
- Ser unha canle de comunicación aberta entre o concello e a poboación xuvenil
Ana Rodríguez López
Río Barcés 6 bajo (A Barcala) Cambre
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hConcellería de Axencia de Desenvolvemento Local, Turismo e Patrimonio
A área de Turismo e Patrimonio está englobada dentro da concellería de Presidencia, e encárgase, con carácter xeral, da xestión do patrimonio municipal. É dicir, de todos os bens do Concello que conforman o seu patrimonio. Así mesmo, este departamento é o responsable da posta en marcha e da xestión de políticas e proxectos municipais que impulsen a actividade turística.
Polo tanto, desde Patrimonio desempéñanse os seguintes labores:
- Xestión das políticas municipais en materia de promoción da actividade turística municipal.
- Xestión do Museo Arqueolóxico de Cambre.
- Mantemento e conservación de edificios e instalacións municipais.
- Xestión patrimonial: inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal.
- Reclamacións por danos causados nos bens integrantes do patrimonio municipal.
- Responsabilidade patrimonial.
Por outro lado, as funcións que se desenvolven desde Turismo son as seguintes:
- Planificar as actividades da concellería de Turismo nas vertentes de promoción e mellora do produto e dos recursos turísticos do municipio.
- Coordinación con outros servizos municipais, administracións e empresas do sector turístico tanto para a actualización constante da información turística, como para a promoción de Cambre como destino turístico.
Desenvolvemento Local
O área de Desenvolvemento Socioeconómico busca promover a creación de emprego, fortalecer o tecido socioeconómico e o desenvolvemento do municipio. Así mesmo, esta área encárgase da revitalización das feiras municipais. Polo tanto, os labores que se desempeñan desde esta concellería son os que a continuación se especifican:
- Xestión dos plans de formación, emprego, programas e proxectos de cooperación con organismos públicos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver.
- Relacións cos axentes sociais, emprendemento e potenciación da vida económica local, fixación dos obxectivos e desenvolvemento de proxectos para a promoción de actividades económicas do concello que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver.
- Facilitar o acceso a un posto de traballo ós nosos veciños, a través da mellora na súa formación, a busca activa de emprego e o autoemprego.
- Posta en marcha de medidas e iniciativas que sirvan para potenciar as feiras municipais.
- Creación de novos itinerarios formativos para la cualificación profesional adaptados ás necesidades reais dos veciños e veciñas do municipio.
Diego Alcantarilla Rei
Currículo de Diego
Rúa Wenceslao Fernandez Florez bajo (15660) Cambre
Inverno de 9 a 14h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro) de 9 a 13:30 hConcellería de Desenvolvemento Asociativo
A concellería de Desenvolvemento Asociativo está englobada dentro da concellería de Presidencia, e ten como obxectivo primordial articular e incrementar a participación das diferentes entidades e asociacións de Cambre na vida colectiva do municipio. Desde esta concellería apóstase por involucrar a todas estas entidades e organismos no día a día do Concello de Cambre.
Baixo esta premisa, a concellería de Desenvolvemento Asociativo lévanse a cabo os seguintes labores:
- Promoción de recursos e ferramentas para a posta en marcha de iniciativas e/ou proxectos que favorezan o desenvolvemento asociativo.
- Actuacións de información, asesoramento e colaboración coas asociacións de colectivos do municipio.
- Mantemento dos espazos municipais e dotación de equipamento técnicos, así como a posta en marcha de novas instalacións.
- Posta en marcha de programas de dinamización social dirixidos a incrementar o asociacionismo.
- Canalización e xestión de peticións, queixas, suxestións e informacións de colectivos e asociacións formuladas a servicios e/ou departamentos municipais.
- Xestión do uso de locais polas asociacións veciñais e pola cidadanía.
Concellería de Educación e Sanidade
A área de Educación está enmarcada dentro da concellería de Educación, Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade. En materia educativa, Cambre dispón de institucións públicas e privadas que cobren as necesidades de todos os veciños: escolas unitarias, CEIPs (Centros de Educación Infantil e Primaria) e dos IES (Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato), ademais de asociacións que dedican o seu esforzo a atender necesidades educativas dos seus asociados.
A competencia e responsabilidade do Concello en materia educativa é a do mantemento dos seus centros escolares públicos de Educación Infantil e Primaria, de forma que coa política de intervención municipal de mellora e de dotación de infraestruturas e equipamentos nos centros escolares consigamos ter nas mellores condicións posible as nosas escolas. Ademais, ofértase unha grande cantidade de programas educativos a todos os niveis para completar a formación dos nosos veciños en especial os que teñen idade escolar.
Os labores que se levan a cabo desde a área de Educación son os seguintes:
- Vixilancia e cumprimento da escolaridade obrigatoria e cooperación coas administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construción dos novos centros docentes. Así mesmo, vixilancia en materia de conservación e mantemento dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, dando conta aos concelleiros responsables da área de Servizos e Xuventude para os efectos oportunos.
- Utilización dos equipamentos educativos, así como os programas e servizos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, no acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Xestión de políticas de medio ambiente: educación ambiental, investigación e avaliación, voluntariado ambiental, posta en valor e defensa dos espazos naturais. Deseño, posta en marcha, apoio, promoción e divulgación de plans e accións de sensibilización e concienciación.
Polo outro lado, os labores que se levan a cabo desde a área de Sanidade son os seguintes:
- No campo da sanidade os centros públicos de saúde, tendo en conta o establecido para tal efecto na Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local e Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro.
- Colaboración coa Consellería de Sanidade para coordinar e trasladar posibles melloras nos centros médicos do municipio.
- Posta en marcha de accións e iniciativas de sensibilización e concienciación para a mellora da saúde e da calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio.
- Mantemento dos centros de saúde sitos no termo municipal.
- Posta en marcha de accións informativas e/ou de sensibilización para promover hábitos saudables entre os veciños e veciñas de Cambre.