Xunta de Goberno Local

XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE CAMBRE 2019-2023

A) COMPOSICIÓN

– Alcalde- presidente: D. Óscar Alfonso García Patiño
– 1º tenente de alcalde: D. Juan González Leirós
– 2º tenente de alcalde: D. Diego Alcantarilla Rei,
– 3ª tenente de alcalde: D.ª María Dolores Pan Lesta
– 4ª tenente de alcalde: D.ª María Mercedes Prieto Lamas
– 5º tenente de alcalde: D. Daniel Mallo Castro
– 6ª tenente de alcalde: D.ª Patricia María Parcero Quiñoy
– 7º tenente de alcalde: D. David López Saborido.

B) COMPETENCIAS:

O artigo 23.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigo 65.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e artigo 71 do Regulamento orgánico municipal establecen que lle corresponde á Xunta de Goberno Local a asistencia ao alcalde no exercicio das súas atribucións, así como as atribucións que o alcalde ou o Pleno lle deleguen, ou as que lle atribúan as leis.

Os artigos 47 e 74 do Regulamento orgánico municipal establecen que o alcalde pode efectuar delegacións a prol da Xunta de Goberno Local, como órgano colexiado, tendo os acordos adoptados o mesmo valor que as resolucións que dite o alcalde no exercicio das atribucións non delegadas.

A este respecto faise constar que:

Primeiro.- O Pleno municipal do Concello de Cambre non levou a cabo ningunha delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local.

Segundo.- Por Resolución da Alcaldía número 1324/2019, do 1 de xullo, o señor alcalde delegou na Xunta de Goberno, como órgano colexiado, as atribucións que a continuación se relacionan:

1. As competencias como órgano de contratación respecto de:

os contratos de obras, de subministración, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.

a adxudicación de concesións sobre os bens da entidade local e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos administrativos do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.

Esta competencia delegada levará aparellada a de autorizar e dispoñer os gastos correspondentes contra partidas orzamentarias cuxa xestión lle corresponda, en virtude do establecido nos artigos 116.5 e 117.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP) e demais actos e trámites que, en xeral, a normativa vixente atribúe ao órgano de contratación, con excepción das competencias delegadas mediante Resolución desta Alcaldía núm. 1323/2019, do 1 de xullo, na concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos, respecto da dirección e xestión administrativa da contratación local, as competencias que o artigo 118 da LCSP atribúe ao órgano de contratación na tramitación dos contratos menores, e a competencia para autorizar e dispoñer os gastos correspondentes nos contratos menores de contía inferior a 6.000 euros IVE excluído.

2. A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.

3. A devolución de garantías de todo tipo de contratacións e concesións que deriven de asuntos de competencia da Xunta de Goberno Local.

De conformidade co establecido no artigo 21.1 k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, corresponden a Alcaldía o exercicio de accións xudiciais e administrativas e a resolución dos recursos de reposición que se poidan interpoñer contra as resolucións ditadas no uso das facultades delegadas.


C) DÍA E HORA DE CELEBRACIÓN

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria de data 8 de xullo de 2019, acordou que a Xunta de Goberno Local se reúna en sesión ordinaria unha vez por semana.

De conformidade co establecido no artigo 132.2 do Regulamento orgánico municipal, por Resolución da Alcaldía número 1422/2019, do 15 de xullo, o señor alcalde resolveu que a Xunta de Goberno Local reunirase en sesión ordinaria, en primeira convocatoria, os martes ás 09:00 horas, no despacho da Alcaldía da casa do concello.

Para a válida constitución da Xunta de Goberno Local requírese a asistencia da maioría absoluta dos seus compoñentes, polo que de non existir quórum, constituirase en segunda convocatoria, unha hora despois, é dicir, ás 10:00 horas, sendo suficiente a asistencia da terceira parte dos seus membros e, en todo caso, un número non inferior a tres.

Actas Xunta de Goberno Local Lexislatura 2019-2023

 

Xaneiro
2 de xaneiro
9 de xaneiro
16 de xaneiro
23 de xaneiro
30 de xaneiro

Febreiro
6 de febreiro
14 de febreiro
20 de febreiro
27 de febreiro


Marzo Abril
Maio
Xuño
Xullo
Agosto
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro