Avisar dunha incidencia

WhatsApp
Con este servizo, a cidadanía recibirá información de interese por parte do Concello, como avisos de relevancia, comunicación de cortes de subministración, convocatorias, etc. Pola súa banda, os usuarios e usuarias poderán remitir consultas, propostas e incidencias ao Concello.

Para empezar a wasapear co Concello, os cambreses e cambresas poderán engadir o número 644 44 05 85 á súa lista de contactos e escribir ‘Ola’ no chat. Así mesmo, poderán facer o propio nesta páxina.

APP
Esta aplicación permite reportar incidencias ao Concello de Cambre para a súa avaliación e posterior reparación. A través dunha ou varias imaxes pódese documentar a incidencia para que o Concello dispoña da máxima información posible.

Vídeo demostrativo: https://youtu.be/7kluGuWOPYc

Enlaces de descarga da app para Android e iOS