O Concello de Cambre informa de que, con motivo da folga xeral convocada para o mércores 11 de novembro de 2026, o funcionamento habitual do servizo municipal de Mañanceiro poderá verse afectado.

Co obxectivo de garantir a atención ás familias usuarias, o Concello estableceu os seguintes servizos mínimos, que deberán contar, polo menos, coa presenza do persoal indicado en cada centro educativo:

Centro educativoServizos mínimos
CEIP Emilio González López1 monitor/a
CEIP Gonzalo Torrente Ballester1 monitor/a
CEIP Wenceslao Fernández Flórez2 monitores/as
CEIP Graxal3 monitores/as
CEIP Portofaro2 monitores/as
EEI San Bartolomeu de Pravio1 monitor/a

Información importante para as familias:

  • O servizo de Mañanceiro non queda suspendido, xa que se estableceu unha dotación mínima de persoal nos seis centros educativos.
  • A atención poderá verse limitada en función do seguimento da folga por parte do persoal.
  • Os servizos mínimos corresponden exclusivamente á xornada do 11 de novembro de 2026.
  • A medida afecta ao servizo municipal prestado pola empresa A Billarda, S.L.

O Concello de Cambre agradece a comprensión e colaboración das familias ante as posibles alteracións no funcionamento habitual do servizo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.