Cambre lanza una nueva edición do curso de Alfabetización dixital para familias cun incremento no número de prazas

19 Oct 2022

Tras o éxito obtido na primeira edición, o Concello lanzará, xunto a COCEMFE e COGAMI, unha nova convocatoria do seu curso de Alfabetización dixital para pais e nais. A iniciativa está dirixida ás familias de alumnos e alumnas matriculados nalgún dos centros escolares do municipio. O obxectivo do programa, que se desenvolverá no mes de novembro, é brindar aos pais, nais ou outros familiares as ferramentas necesarias para axudar aos nenos e nenas na súa formación. O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, incide en que, nesta ocasión, a iniciativa chega “cun importante reforzo tanto no número de localizacións como na cifra de prazas dispoñibles. Cremos que se trata dunha medida esencial coa que os veciños e veciñas poderán favorecer o desenvolvemento formativo dos seus fillos e fillas”.

O programa levarase a cabo nas aulas de informática da Barcala e de O Temple. En total, ofertaranse 20 prazas, dez en cada unha das instalacións. Gutiérrez sinala que, atendendo á demanda da primeira convocatoria, “decidimos achegar esta iniciativa a dous dos núcleos de maior poboación do municipio, favorecendo que poidan acceder ao curso un maior número de veciños e veciñas”.

A formación farase a cabo ao longo do mes de novembro. No caso da Barcala, as sesións terán lugar todos os luns, de 16.00 a 19.00 horas, mentres que no Temple serán os mércores, tamén de 16.00 a 19.00. En canto aos contidos, levarase a cabo unha formación á carta. É dicir, a temática definirase en función do nivel e das demandas dos participantes.

O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, xoves 20 de outubro, e ata o día 30. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao teléfono 981 23 11 05 ou enviando un correo ao mail educacion.coruna@cocemfe.es. No caso de que siga existindo demanda, estudarase a posta en marcha de máis edicións do curso de Alfabetización.

Tamén che pode interesar