Consulta á veciñanza para escoller o segundo festivo local de 2027

29 Jul 2026

Cada concello pode propoñer dous festivos de carácter local para cada ano. De cara á elaboración do calendario laboral de 2027, a Corporación municipal acordou establecer como un deles o 24 de xuño, día de San Xoán. 

Para coñecer a opinión da veciñanza sobre a elección do segundo festivo local, o Concello de Cambre abre unha consulta pública entre as seguintes opcións:

 9 de febreiro de 2027, Martes de Entroido.
16 de agosto de 2027, festividade de San Roque.

A enquisa permanecerá aberta ata o luns 10 de agosto ás 10:00 horas. 

Esta consulta ten carácter participativo e non vinculante. O seu resultado servirá como referencia para a posterior decisión da Corporación municipal e para a tramitación dos festivos locais de Cambre correspondentes ao ano 2027.

Que data prefires como segundo festivo local de Cambre en 2027?

LINK ENQUISA: https://forms.gle/BKiLEFTcbKrP1qCb8

Tamén che pode interesar

Letras Galegas 2026

O Concello de Cambre celebrará durante a próxima fin de semana unha ampla programación cultural con motivo do Día das...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.