Ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Urbano de Verán 2026, unha actividade dirixida ao alumnado de educación infantil, primaria e 1º da ESO.
O prazo de inscrición será do 14 ao 30 de abril de 2026 (ambos incluídos)
O campamento desenvolverase nos meses de xullo e agosto, por quendas, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez
A documentación necesaria para a inscrición pode descargarse a continuación:
- Solicitude de inscrición
- Información xeral
- Autorización para consulta de datos de renda
As solicitudes deberán presentarse dentro do prazo establecido a través da sede electrónica do Concello de Cambre ou nos rexistros municipais
Para máis información, poden contactar co Departamento de Educación no teléfono 981 613 291 ou no correo educacion@cambre.org