This event has passed.
Charla sobre as tradicións e orixes do Samaín co arqueólogo Tito Concheiro
26 de Outubro de 2023 20:30 - 22:00
Baixo o título Vivos e mortos no mundo atlántico. O día dous defuntos na cultura popular galega, o experto falará sobre esta celebración dividindo a charla-coloquio en dúas partes. Por unha banda, explicará os rituais que se adoitaban facer nos países da Europa atlántica e, polo outro, Concheiro tratará o caso concreto de Galicia (orixe, evolución e tradicións).
A actividade terá lugar no Museo Arqueolóxico e o acceso será libre. As persoas que necesiten máis información poderán chamar ao teléfono 981 65 62 17 ou enviar un correo electrónico á dirección museo@cambre.org.
