Descripción
Ciclo de teatro de outono, “Brincadeiras da lingua”
O Concello de Cambre pon en marcha o Ciclo de teatro de outono durante os meses de outubro e novembro no centro sociocultural do Graxal. O programa conta cunha oferta de seis representacións gratuítas. As persoas interesadas poderán reservar as súas entradas a través do teléfono 881 917 432 ou do 649 891 212 o propio día do evento.
O grupo de teatro Migallas visitará o centro sociocultural do Graxal coa súa obra "Brincadeiras da lingua" o sábado, 4 de novembro, ás 18:00 horas. A obra está indicada para un público familiar e ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados que existen na literatura popular infantil de Galicia e fomentar o seu uso na infancia e o ámbito familiar. Para iso, empregarán xogos verbais, cancións, contos, bonecos e outros recursos.
