This event has passed.
‘De mil madeiras’, a exposición de Moxom
6 de Maio de 2024 08:00 - 31 de Maio de 2024 21:00
Xosé Manuel Rodríguez (Moxom) demostrará, no mes de maio, coa súa exposición ‘De mil madeiras’ que a arte emerxe dos lugares máis inesperados. A mostra reunirá preto dunha trintena de pezas «inéditas e descoñecidas» que el mesmo confeccionou en colaboración da sua muller Maite. O traballo do artista chegará á sala de exposicións de Vila Concepción o luns, 6 de maio, e poderá visitarse ao longo de todo o mes.
