This event has passed.
Exposición ‘Berces de vida. Un paseo polos bosques de España’
10 de Abril de 2023 10:00 - 13 de Maio de 2023 14:00
A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá, ata o 13 de maio, a exposición 'Berces de vida. Un paseo polos bosques de España'.
Esta pode visitarse de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.
Trátase dunha mostra solidaria que se realiza dentro do programa Cultura por Alimentos de Afundación. As persoas interesadas en asistir poderán realizar as súas doazóns de alimentos non perecedoiros. As doazóns irán dirixidas á despensa municipal de alimentos de Cambre.
