This event has passed.
O Apalpador en Cambre
20 de Decembro de 2024 17:00 - 30 de Decembro de 2024 19:00
O Apalpador, a figura popular vinculada á tradición do Nadal en Galicia, vai percorrer nos vindeiros días as parroquias de Cambre, co fin de coñecer a toda a rapazada do concello, presentarse e transmitirlles a súa historia.
As visitas, organizadas polo Concello, arrincarán o venres 20, e continuarán ata o 30 de decembro.