O Apalpador – A Barcala

Local Sociocultural de A Barcala

O Local Sociocultural de A Barcala recibirá a visita do Apalpador o xoves, 28 de decembro, ás 18:15 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

O Apalpador – Brexo – Lema

Local Social de Brexo

O Apalpador acudirá o venres, 29 de decembro, ao Local Social de Brexo (lugar da Pousadoira), a partir das 17:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

O Apalpador – Meixigo

Casa do Pobo de Meixigo

A Casa do Pobo de Meixigo recibirá a visita do Apalpador o venres, 29 de decembro, ás 18:15 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Percorrido Matinal 2024 dos Reis Magos

O venres, 5 de xaneiro, realizarase o percorrido matinal dos Reis Magos, que pasará por todas as parroquias. A saída será ás 8.45 horas, aproximadamente.

Cabalgata dos Reis Magos

O 5 de xaneiro realizarase a Cabalgata dos Reis Magos, que recorrerá tanto O Temple como A Barcala e Cambre. Esta partirá, ás 17.00 horas aproximadamente, desde O Temple. Ao redor das 18.45 horas está previsto que os monarcas partan desde A Barcala, percorran algunhas das rúas da urbanización e se dirixan en dirección a […]

Terceira exposición de Historias detrás dun cadro

Casa da Cultura Vila Concepción

Do 11 ao 26 de xaneiro está dispoñible en Vila Concepción a terceira exposición de arte "Historias detrás dun cadro". Nesta mostra, poderás ver as obras de Juan Massana, Ayla Couto Miranda, Luis Laranga, Luis Sousa Negreira, Begoña Gago Edreira e Beatriz Blanco Martín. O horario de visita é de luns a venres: 10.00 a […]

XV Xuntanza do Maior

Polideportivo Os Campóns

O Concello de Cambre celebrará, este mes, a XV Xuntanza do Maior. As inscricións poderanse formalizar do 8 ao 16 de xaneiro no salón de plenos do Concello, en horario de 9:00 a 11:00 horas. Todas as persoas que queiran participar deberán cumprir os seguintes requisitos: Ter 65 anos ou máis e estar empadroado/a no […]

Festival Muller á Escena – Exposición “Atlánticas” de Viki Rivadulla

Casa da Cultura Vila Concepción

Dentro da programación do Festival Muller á Escena, o venres, 2 de febreiro, terá lugar a inauguración da exposición "Atlánticas" de Viki Rivadulla na Casa da Cultura Vila Concepción. Esta mostra céntrase na creación plástica en feminino. Ao longo dese día, a autora estará presente na actividade e realizará unha visita guiada ás persoas asistentes. […]

Festival de Muller á Escena – Escena “Golpes” de Estíbaliz Veiga

Centro Sociocultural O Graxal

Dentro da programación do Festival Muller á Escena, o sábado, 3 de febreiro, terá lugar o espectáculo "Golpes" de Estíbaliz Veiga no centro sociocultural do Graxal ás 19:30 horas. A función buscará visibilizar como nas accións máis cotiás nace o golpe da desigualdade e chega a violencia machista.

Festival de Muller á Escena – Representación teatral «María Milagros» de Miluka Suriñak

Centro sociocultural do Graxal

Dentro da programación do Festival Muller á Escena, o sábado, 24 de febreiro, terá lugar a representación da obra "María Milagros" de Miluka Suriñac no Centro Cultural O Graxal ás 19:00 horas. Nesta obra refléxase a situación actual dunha muller que está a punto de cumplir os 40 anos, ten dous fillos, un can e […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.