Espectáculo ‘Os contos que me contaron’

Centro Sociocultural O Graxal

Paula Carballeira regresa a Cambre co seu espectáculo 'Os contos que me contaron', para maiores de 16 anos. Reserva de entradas nos seguintes teléfonos: no 881 917 432 e no 698 123 960 (o mesmo día do evento).

Contacontos ‘Poesía con moito conto’

Biblioteca Municipal Central María Pita Rúa Castellana, 2, Cambre, A Coruña, Spain

As actividades nas bibliotecas comezan con 'Poesía con moito conto' de Marisa Irimia. Está pensada para nenos e nenas a partir de tres anos. Reserva de entradas no 981 675 109.

Contacontos ‘Cantacontos Kairos’

Biblioteca Os Templarios P.º Templarios 9, O Temple, Cambre, A Coruña

Continuamos coas actividades nas bibliotecas con 'Cantacontos Kairos'. Está pensada para nenos e nenas de 0 a 6 anos. Reserva de entradas no 981 675 109.

Visita guiada ‘As Noites do Museo’

Igrexa de Santiago de Sigrás Ponte Sigrás, Cambre, A Coruña, Spain

'As Noites do Museo' volven a Cambre cunha visita nocturna á Igrexa de Santiago de Sigrás. Entradas gratuitas no Museo de Cambre, no correo museo@cambre.org ou no 981 65 62 17.

Exposición de pintura e fotografía ‘Mirada de Muller’

Casa da Cultura Vila Concepción

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá a exposición de pintura e fotografía 'Mirada de Muller'. A inauguración será o venres, 22 de novembro, ás 11:00 horas, coa intervención musical da compañía Disque Fan e a exposición manterase ata o 13 de decembro.  

Contacontos ‘Peques e Heroas’

Biblioteca Xabier P. Docampo Rúa Río Gándara, 6, Baixo Urb A Barcala, Cambre, A Coruña, Spain

As actividades nas bibliotecas rematan con 'Peque e Heroas'. Está pensada para nenos e nenas a partir de cuatro anos. Reserva de entradas no 981 675 109.

Obra de teatro ‘Veredicto’

Centro sociocultural do Graxal

Con motivo da programación do 25N en Cambre, o Centro Sociocultural O Graxal acollerá a obra 'Veredicto' do grupo de Teatro Amador Camtheam.

Partido contra a violencia de xénero

Campo de fútbol Dani Mallo Rúa Samosteiro, 30, Cambre, A Coruña, Spain

Con motivo da programación do 25N en Cambre, o campo de fútbol Dani Mallo acollerá un partido de fútbol femenino con xogadoras do Sporting Cambre, Brexo-Lema S.D. e U.D. Carral.

Espectáculo ‘Nabiza Girl’

Centro Sociocultural O Graxal

O divertido espectáculo de Isabel Risco, 'Nabiza Girl', chega a Cambre. Reserva de entradas nos seguintes teléfonos: no 881 917 432 e no 698 123 960 (o mesmo día do evento).  

O Apalpador en Cambre

O Apalpador, a figura popular vinculada á tradición do Nadal en Galicia, vai percorrer nos vindeiros días as parroquias de Cambre, co fin de coñecer a toda a rapazada do concello, presentarse e transmitirlles a súa historia. As visitas, organizadas polo Concello, arrincarán o venres 20, e continuarán ata o 30 de decembro.

XVI Xuntanza do Maior

Pavillón polideportivo Os Campóns, Sigrás

Poderán achegarse todas as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Cambre. O prazo de inscrición será do 13 ao 20 de xaneiro, de 9:00 a 13:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Para máis información pódese contactar co 981 65 48 12.

Obra de teatro ‘O Lago dos Cisnes’

Centro sociocultural do Graxal

O sábado, 15 de febreiro, a Asociación de Teatro Tangatutanga presenta a obra de teatro 'O Lago dos Cisnes' no Centro Sociocultural O Graxal ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.