Contacontos ‘Cantacontos Kairos’

Biblioteca Os Templarios P.º Templarios 9, O Temple, Cambre, A Coruña

Continuamos coas actividades nas bibliotecas con 'Cantacontos Kairos'. Está pensada para nenos e nenas de 0 a 6 anos. Reserva de entradas no 981 675 109.

Visita guiada ‘As Noites do Museo’

Igrexa de Santiago de Sigrás Ponte Sigrás, Cambre, A Coruña, Spain

'As Noites do Museo' volven a Cambre cunha visita nocturna á Igrexa de Santiago de Sigrás. Entradas gratuitas no Museo de Cambre, no correo museo@cambre.org ou no 981 65 62 17.

Exposición de pintura e fotografía ‘Mirada de Muller’

Casa da Cultura Vila Concepción

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá a exposición de pintura e fotografía 'Mirada de Muller'. A inauguración será o venres, 22 de novembro, ás 11:00 horas, coa intervención musical da compañía Disque Fan e a exposición manterase ata o 13 de decembro.  

Contacontos ‘Peques e Heroas’

Biblioteca Xabier P. Docampo Rúa Río Gándara, 6, Baixo Urb A Barcala, Cambre, A Coruña, Spain

As actividades nas bibliotecas rematan con 'Peque e Heroas'. Está pensada para nenos e nenas a partir de cuatro anos. Reserva de entradas no 981 675 109.

Obra de teatro ‘Veredicto’

Centro sociocultural do Graxal

Con motivo da programación do 25N en Cambre, o Centro Sociocultural O Graxal acollerá a obra 'Veredicto' do grupo de Teatro Amador Camtheam.

Partido contra a violencia de xénero

Campo de fútbol Dani Mallo Rúa Samosteiro, 30, Cambre, A Coruña, Spain

Con motivo da programación do 25N en Cambre, o campo de fútbol Dani Mallo acollerá un partido de fútbol femenino con xogadoras do Sporting Cambre, Brexo-Lema S.D. e U.D. Carral.

Espectáculo ‘Nabiza Girl’

Centro Sociocultural O Graxal

O divertido espectáculo de Isabel Risco, 'Nabiza Girl', chega a Cambre. Reserva de entradas nos seguintes teléfonos: no 881 917 432 e no 698 123 960 (o mesmo día do evento).  

O Apalpador en Cambre

O Apalpador, a figura popular vinculada á tradición do Nadal en Galicia, vai percorrer nos vindeiros días as parroquias de Cambre, co fin de coñecer a toda a rapazada do concello, presentarse e transmitirlles a súa historia. As visitas, organizadas polo Concello, arrincarán o venres 20, e continuarán ata o 30 de decembro.

XVI Xuntanza do Maior

Pavillón polideportivo Os Campóns, Sigrás

Poderán achegarse todas as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Cambre. O prazo de inscrición será do 13 ao 20 de xaneiro, de 9:00 a 13:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Para máis información pódese contactar co 981 65 48 12.

Obra de teatro ‘O Lago dos Cisnes’

Centro sociocultural do Graxal

O sábado, 15 de febreiro, a Asociación de Teatro Tangatutanga presenta a obra de teatro 'O Lago dos Cisnes' no Centro Sociocultural O Graxal ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.

Festa ‘Palmeiras Choqueira’

Instalación xuvenil do Temple

Comeza o Entroido e a OMIX vaino celebrar por todo o alto coa Palmeiras Choqueira, unha festa pensada para os máis novos do municipio! Haberá xogos, karaoke, baile e mesmo un desfile de disfraces con premios. O broche de ouro será unha merenda colaborativa na que cada persoa levará algún prato típico da época para […]

Obradoiro de modelaxe de personaxes da literatura infantil

Biblioteca Municipal Central María Pita Rúa Castellana, 2, Cambre, A Coruña, Spain

Chega a Cambre un divertido obradoiro onde aprenderemos a modelar con plastilina os nosos personaxes favoritos dos contos e películas! A actividade está dirixida a nenas e nenos de 5 a 8 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Imprescindible inscrición previa chamando ao teléfono 981 675 109.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.