Espectáculo de danza ‘Baila un vestido verde’

Dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, a Concellería de Cultura traerá o espectáculo de danza 'Baila un vestido verde' a Cambre. Será este venres, 22 de xullo ás 20.00 horas, no paseo marítimo do Temple (zona dos Magnolios). A actividade está dirixida para público familiar.

Xornada sobre deporte feminino

O Concello de Cambre organiza unha xornada sobre deporte feminino. Será o venres, 29 de xullo ás 20.00 horas, en Vila Concepción. Como parte do programa proxectaranse os documentais 'Karbo, escola de fútbol' e 'Campioas esquecidas'. A maiores, haberá unha mesa redonda na que intervirá o xornalista e editor da revista Fútbol Feminino Galego, Carlos Castro.

I Trofeo de Halterofilia Vila de Cambre

O Club Halterofilia Cambre organiza, en colaboración co Concello, o I Trofeo de Halterofilia Vila de Cambre. O evento celebrarase o sábado, 6 de agosto, no polideportivo Os Campóns. No certame tomarán parte o Club de Halterofilia de Cambre, o Club Halterofilia Urbi e o Club Halterofilia Coruña.

I Rock Infantil ‘Rockambreir@s’

O Concello de Cambre celebrará o domingo, 7 de agosto ás 19.00 horas, o I Rock Infantil 'Rockambreir@s'. O evento terá lugar no teatro do Parque da Igrexa. Paco Pakolas será o padriño desta primeira edición na que participarán os seguintes grupos e entidades: La Gramola Gominola Rock School de A Coruña Banda Xuvenil de Sementeira Cambre

Actividades infantís dentro do programa do Rock in Cambre

Os nenos e nenas volverán ser protagonistas no Rock in Cambre. Nesta trinta edición do festival, os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar, non só do I Rock Infantil (domingo, 7 de agosto, no teatro do Parque da Igrexa), senón tamén dun completo programa que o Concello organizará durante a semana do Rock […]

XXXI Carreira Popular Concello de Cambre

O Concello de Cambre celebrará a súa XXXI Carreira Popular o luns, 15 de agosto ás 10.30 horas, no pavillón Sofía Toro.  As persoas interesadas poderán anotarse de xeito gratuíto ata o 12 de agosto, ás 20.00 horas, na web de Carreiras Galegas. Consultade o percorrido.

Exposición de debuxos sobre Saramago do IES Afonso X O Sabio

O alumnado de Debuxo Artístico de Bacherelato do centro, dirixido pola profesora Marta Moreira, participou nun proxecto conxunto con sete institutos de toda España. A inauguración será este venres, 2 de setembro, ás 19 horas e estará aberta ao público durante todo o mes de setembro.

Espectáculo ‘Ghop’ no Parque da Igrexa de Cambre

Chega a Cambre 'Ghop', un espectáculo cheo de maxia, circo, teatro, monicreques e baile. O evento terá lugar o venres, 9 de setembro ás 18.30 horas, no Parque da Igrexa de Cambre.

Proxección do documental ‘O gran camiño’

Este venres, 9 de setembro ás 22.00 horas, terá lugar a proxección do documental 'O gran camiño'. Será na praza Casares Quiroga da Barcala. En caso de previsión meterolóxica adversa, a actividade trasladarase ao Centro Sociocultural da Barcala.

‘Derribo da lúa’, obradoiro-espectáculo para familias e bebés

O Centro Sociocultural do Graxal acollerá o obradoiro-espectáculo 'Derribo da lúa', dirixido a familias e bebés. O evento terá lugar o 10 de setembro ás 18.00 horas. Para acudir, será preciso reservar os convites previamente chamando ao teléfono 981 65 62 17 (Museo Arqueolóxico de Cambre).

V Open Science de Cambre

O Concello de Cambre e o club XentD100cia do IES David Buján organizan a V Open Science, que terá lugar entre o 16 e o 18 de setembro. O programa ofrecerá demostracións científicas, espectáculos ao aire libre, postos de divulgación e moito máis.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.