Cromático Mural Fest
O Concello de Cambre organiza o V Cromático Mural Fest que, este ano, contará cos seguintes artistas: Mon Devane Magda Cwik Huariu Socatoba
O Concello de Cambre organiza o V Cromático Mural Fest que, este ano, contará cos seguintes artistas: Mon Devane Magda Cwik Huariu Socatoba
O programa arrincará o venres, 15 de xullo, ás 17:00 horas, coa asemblea dos clans. Esta actividade dará paso ao comezo das hostilidades entre castrexos e romanos. Desde ese momento e ata o final, os bandos enfrontados encerellaranse en múltiples batallas ata que o domingo, 17 de xullo, asinen o tratado de paz. O programa da romaría incluirá […]
O Concello de Cambre, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unha Feira de Oportunidades dirixida ao comercio local. Celebrarase no Paseo Marítimo (nas inmediacións de Casa das Palmeiras). Os días 22, 23 e 24 de xullo. Coa finalidade de fortalecer o comercio de Cambre, poranse a disposición dos comerciantes carpas nas que poderán expoñer […]
Dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, a Concellería de Cultura traerá o espectáculo de danza 'Baila un vestido verde' a Cambre. Será este venres, 22 de xullo ás 20.00 horas, no paseo marítimo do Temple (zona dos Magnolios). A actividade está dirixida para público familiar.
O Concello de Cambre organiza unha xornada sobre deporte feminino. Será o venres, 29 de xullo ás 20.00 horas, en Vila Concepción. Como parte do programa proxectaranse os documentais 'Karbo, escola de fútbol' e 'Campioas esquecidas'. A maiores, haberá unha mesa redonda na que intervirá o xornalista e editor da revista Fútbol Feminino Galego, Carlos Castro.
O Club Halterofilia Cambre organiza, en colaboración co Concello, o I Trofeo de Halterofilia Vila de Cambre. O evento celebrarase o sábado, 6 de agosto, no polideportivo Os Campóns. No certame tomarán parte o Club de Halterofilia de Cambre, o Club Halterofilia Urbi e o Club Halterofilia Coruña.
O Concello de Cambre celebrará o domingo, 7 de agosto ás 19.00 horas, o I Rock Infantil 'Rockambreir@s'. O evento terá lugar no teatro do Parque da Igrexa. Paco Pakolas será o padriño desta primeira edición na que participarán os seguintes grupos e entidades: La Gramola Gominola Rock School de A Coruña Banda Xuvenil de Sementeira Cambre
Os nenos e nenas volverán ser protagonistas no Rock in Cambre. Nesta trinta edición do festival, os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar, non só do I Rock Infantil (domingo, 7 de agosto, no teatro do Parque da Igrexa), senón tamén dun completo programa que o Concello organizará durante a semana do Rock […]
O Concello de Cambre celebrará a súa XXXI Carreira Popular o luns, 15 de agosto ás 10.30 horas, no pavillón Sofía Toro. As persoas interesadas poderán anotarse de xeito gratuíto ata o 12 de agosto, ás 20.00 horas, na web de Carreiras Galegas. Consultade o percorrido.
O alumnado de Debuxo Artístico de Bacherelato do centro, dirixido pola profesora Marta Moreira, participou nun proxecto conxunto con sete institutos de toda España. A inauguración será este venres, 2 de setembro, ás 19 horas e estará aberta ao público durante todo o mes de setembro.
Chega a Cambre 'Ghop', un espectáculo cheo de maxia, circo, teatro, monicreques e baile. O evento terá lugar o venres, 9 de setembro ás 18.30 horas, no Parque da Igrexa de Cambre.
Este venres, 9 de setembro ás 22.00 horas, terá lugar a proxección do documental 'O gran camiño'. Será na praza Casares Quiroga da Barcala. En caso de previsión meterolóxica adversa, a actividade trasladarase ao Centro Sociocultural da Barcala.