Festas de Anceis
San Xoan de Anceis, 23. 24 , 25 e 26 de xuño.
San Xoan de Anceis, 23. 24 , 25 e 26 de xuño.
A escritora cambresa, Rocío Mañana Bouzón, presentará a súa obra literaria. A cita terá lugar o venres, 1 de xullo ás 20.00 horas na Biblioteca Central de Cambre.
O Concello de Cambre celebrará a VI edición do Temple Jazz o 8 e o 9 de xullo na Casa da Cultura Vila Concepción e no parque Ramón Barba. Nesta edición, actuarán os seguintes artistas: Kin García (quinteto) Verónica Ferreiro & Javier Sánchez Project Five María Toro (trío)
O Concello de Cambre organiza un programa de concienciación ambiental que incluirá as seguintes actividades: Xincana polo río Mero Desfile dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Obradoiro de customizado de roupa O programa celebrarase o 9 e o 10 de xullo.
O Concello de Cambre organiza o V Cromático Mural Fest que, este ano, contará cos seguintes artistas: Mon Devane Magda Cwik Huariu Socatoba
O programa arrincará o venres, 15 de xullo, ás 17:00 horas, coa asemblea dos clans. Esta actividade dará paso ao comezo das hostilidades entre castrexos e romanos. Desde ese momento e ata o final, os bandos enfrontados encerellaranse en múltiples batallas ata que o domingo, 17 de xullo, asinen o tratado de paz. O programa da romaría incluirá […]
O Concello de Cambre, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unha Feira de Oportunidades dirixida ao comercio local. Celebrarase no Paseo Marítimo (nas inmediacións de Casa das Palmeiras). Os días 22, 23 e 24 de xullo. Coa finalidade de fortalecer o comercio de Cambre, poranse a disposición dos comerciantes carpas nas que poderán expoñer […]
Dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, a Concellería de Cultura traerá o espectáculo de danza 'Baila un vestido verde' a Cambre. Será este venres, 22 de xullo ás 20.00 horas, no paseo marítimo do Temple (zona dos Magnolios). A actividade está dirixida para público familiar.
O Concello de Cambre organiza unha xornada sobre deporte feminino. Será o venres, 29 de xullo ás 20.00 horas, en Vila Concepción. Como parte do programa proxectaranse os documentais 'Karbo, escola de fútbol' e 'Campioas esquecidas'. A maiores, haberá unha mesa redonda na que intervirá o xornalista e editor da revista Fútbol Feminino Galego, Carlos Castro.