Rock Infantil venres
Colexio PortofaroVolve o Rock Infantil do Concello de Cambre! Nesta xornada actuarán os grupos Mamá Cabra e The Music Patrol.
Volve o Rock Infantil do Concello de Cambre! Nesta xornada actuarán os grupos Mamá Cabra e The Music Patrol.
Volve o Rock Infantil do Concello de Cambre! Nesta xornada actuarán a Banda Xuvenil Sementeira Cambre, o DJ Manry, Julia B. T. e o Mago Teto co seu espectáculo 'Rock 'N' Magic'.
Este sábado, 17 de agosto, a Coral Santa María de Cambre presenta 'A música da nosa historia", un concerto en directo con música dos 60's, 70's, 80's e 90's. Terá lugar ás 21:00 horas no anfiteatro do Parque da Igrexa onde a agrupación cambresa realizará un percorrido musical pola nosa historia
Unha nova xornada do Cinema á Fresca chegará ao Temple con 'Lightyear'. Nesta aclamada película de animación da saga 'Toy Story', seguiremos a historia de Buzz Lightyear, un astronauta na misión de conseguir volver á casa desde un planeta moi afastado. Sábado 24 de agosto, ás 22:00 horas, no paseo marítimo do Temple, onde a […]
A última xornada do Cine á Fresca péchase co filme 'Salta'. Unha película de humor e ciencia ficción para toda a familia na que seguiremos a historia de dous irmáns, Óscar e Teo, onde viaxarán a través do tempo. Domingo 25 de agosto, a las 21:00 horas, na Praza Casares Quiroga. Esta actividade lévase a […]
Hoxe, venres 30 de agosto, aterra en Cambre o concerto multidisciplinar 'Na Cerna do Son' de Gallaecia Eventos. Unha viaxe ao corazón da música tradicional galega a través da mestura de diferentes disciplinas artísticas. Terá lugar a partir das 21:30 horas, no Auditorio Parque da Igrexa de Cambre.
A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá este sábado, 7 de setembro, o I Torneo de Rápidas do Xadrez das Mariñas. Dará comezo a partir das 17:00 horas e xogarase con sistema suízo a 5 roldas. Inscrición gratuíta a través do correo xdm@xadrecista.eu. Máis información do torneo na seguinte ligazón: Páxina web Xadrez das Mariñas. […]
O domingo, 8 de setembro, os veciños e veciñas de Cambre saen á rúa para loitar contra o cancro e apoiar a súa investigación. Farano a través dunha marcha solidaria promovida pola Asociación Española contra o Cancer. Terá un percorrido de 5 quilómetros e ten a súa saída prevista para as 11:00 horas, desde a […]
O venres, 13 de setembro, Vila Concepción acollerá a proxección do documental 'Manoliño Nguema', de Antonio Grunfeld.
A banda cambresa Hemacaos ofrece un concerto esta fin de semana en celebración do seu 25 aniversario. Unha actuación conxunta coas bandas Panxea e Doctor Snob, e que terá lugar no auditorio do Parque da Igrexa o sábado, 14 de setembro, a partir das 19:30 horas.
O espectáculo de narración oral Contos de sapos, bruxas e curuxas de Paula Carballeira chega hoxe, mércores 18 de setembro, a Cambre. Unha actuación que forma parte de programa Ler conta Moito, dirixida a nenas e nenos a partir de catro anos e que terá lugar ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal Central María Pita.
A iniciativa Ler conta moito continúa a súa programación en Cambre co espectáculo Leo e a Música, de Trémola Teatro. Terá lugar o xoves, 19 de setembro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Os Templarios. Para crianzas de 0 a 3 anos.