Cinema á Fresca “Salta”.

Praza Casares Quiroga

A última xornada do Cine á Fresca péchase co filme 'Salta'. Unha película de humor e ciencia ficción para toda a familia na que seguiremos a historia de dous irmáns, Óscar e Teo, onde viaxarán a través do tempo. Domingo 25 de agosto, a las 21:00 horas, na Praza Casares Quiroga. Esta actividade lévase a […]

Cambre acolle o espectáculo multidisciplinar ‘Na Cerna do Son’

Parque da Igrexa de Cambre Rúa Adro, Nº 2, Cambre, A Coruña, Spain

Hoxe, venres 30 de agosto, aterra en Cambre o concerto multidisciplinar 'Na Cerna do Son' de Gallaecia Eventos. Unha viaxe ao corazón da música tradicional galega a través da mestura de diferentes disciplinas artísticas. Terá lugar a partir das 21:30 horas, no Auditorio Parque da Igrexa de Cambre.

I Torneo de Rápidas do Xadrez das Mariñas

Casa da Cultura Vila Concepción

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá este sábado, 7 de setembro, o I Torneo de Rápidas do Xadrez das Mariñas. Dará comezo a partir das 17:00 horas e xogarase con sistema suízo a 5 roldas. Inscrición gratuíta a través do correo xdm@xadrecista.eu. Máis información do torneo na seguinte ligazón: Páxina web Xadrez das Mariñas. […]

Cambre sae á rúa para loitar contra o cancro

Casa das Palmeiras Rúa Temple 50, O Temple, A Coruña, Spain

O domingo, 8 de setembro, os veciños e veciñas de Cambre saen á rúa para loitar contra o cancro e apoiar a súa investigación. Farano a través dunha marcha solidaria promovida pola Asociación Española contra o Cancer. Terá un percorrido de 5 quilómetros e ten a súa saída prevista para as 11:00 horas, desde a […]

Proxección do documental ‘Manoliño Nguema’

Casa da Cultura Vila Concepción

O venres, 13 de setembro, Vila Concepción acollerá a proxección do documental 'Manoliño Nguema', de Antonio Grunfeld.

Concerto 25 aniversario de Hemacaos

Parque da Igrexa de Cambre Rúa Adro, Nº 2, Cambre, A Coruña, Spain

A banda cambresa Hemacaos ofrece un concerto esta fin de semana en celebración do seu 25 aniversario. Unha actuación conxunta coas bandas Panxea e Doctor Snob, e que terá lugar no auditorio do Parque da Igrexa o sábado, 14 de setembro, a partir das 19:30 horas.

Ler conta Moito: Contos de sapos, bruxas e curuxas

Biblioteca Municipal Central María Pita Rúa Castellana, 2, Cambre, A Coruña, Spain

O espectáculo de narración oral Contos de sapos, bruxas e curuxas de Paula Carballeira chega hoxe, mércores 18 de setembro, a Cambre. Unha actuación que forma parte de programa Ler conta Moito, dirixida a nenas e nenos a partir de catro anos e que terá lugar ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal Central María Pita.

Ler conta Moito: Leo e a música

Biblioteca Os Templarios P.º Templarios 9, O Temple, Cambre, A Coruña

A iniciativa Ler conta moito continúa a súa programación en Cambre co espectáculo Leo e a Música, de Trémola Teatro. Terá lugar o xoves, 19 de setembro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Os Templarios. Para crianzas de 0 a 3 anos.

Ler conta Moito: Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!

Biblioteca Xabier P. Docampo Rúa Río Gándara, 6, Baixo Urb A Barcala, Cambre, A Coruña, Spain

Chega a Cambre a actividade Contacontos en Movemento: Libros e Ioga! da agrupación Arbore Azul. O evento forma parte do programa Ler conta Moito e terá lugar o venres 20 de setembro na Biblioteca Xabier P. Docampo. Para nenas e nenos de 6 a 10 anos.

Ler conta Moito: Bandullo, bochos e faragullas

Biblioteca Municipal Central María Pita Rúa Castellana, 2, Cambre, A Coruña, Spain

O mércores, 25 de setembro, aterra en Cambre a actuación Bandullo, bochos e faragullas de Dani Blanco. Forma parte do programa Ler conta Moito e está dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos. Terá lugar ás 17:30 horas na Biblioteca Central María Pita.

Ler conta Moito: Zinética

Biblioteca Xabier P. Docampo Rúa Río Gándara, 6, Baixo Urb A Barcala, Cambre, A Coruña, Spain

O venres, 27 de setembro, Cambre acolle a última actuación do programa Ler conta Moito. Zinética, de Komorevi, para nenas e nenos entre 7 e 10 anos, será a encargada de pechar o ciclo a partir das 17:30 horas na Biblioteca Xabier P. Docampo.

Actividade ‘A ciclobiblioteca na biblioteca’

Biblioteca Os Templarios P.º Templarios 9, O Temple, Cambre, A Coruña

O programa Ler conta Moito continúa achegando a literatura á rapazada este outubro. Este xoves, 3 de outubro, toda a familia poderá gozar do espectáculo 'A ciclobiblioteca na biblioteca'. Terá lugar na Biblioteca Os Templarios, a partir das 18:30 horas.  

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.