O Apalpador visita Meixigo

O Apalpador visitará Meixigo dentro da súa xira por todo o municipio. Será o venres, 30 de decembro, na Casa do Pobo, ofrecendo dúas sesións: De 18.30 a 18.55 horas celebrarase o contacontos para público ata 8 anos. De 19.05 a 19.30 horas celebrarase o contacontos para o público a partir de 9 anos. Contacontos […]

Percorrido matinal dos Reis Magos polo municipio

Os Reis Magos realizarán o xoves, 5 de xaneiro, un percorrido matinal polo municipio que incluirá las seguintes paradas: Polideportivo Sofía Toro, Cambre  (10.15 horas) O Temple (r. Polígono, A Galiña Azul, r. Francisco Añón, r. Otero Pedraio, Costa da Tapia, Constitución, Os Pequerrechos, r. Francisco Rodríguez, r. Pígara, r. Padre Feijoo, Paseo Marítmo) CEIP […]

Cabalgata dos Reis Magos polo Temple

Os Reis Magos coñecerán este xoves, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas do Temple da man da súa clásica Cabalgata. A cita será a partir das 17.00 horas. O percorrido incluirá as seguintes paradas: O Paraugas Casa das Palmeiras Rúa Polígono Rúa Francisco Añón Rúa Otero Pedraio O Seixal Costa da Tapia Rúa Constitución […]

Cabalgata dos Reis Magos por Cambre

Os Reis Magos coñecerán este xoves, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas de Cambre da man da súa clásica Cabalgata. A cita será a partir das 18.30 horas. Unha vez concluída a Cabalgata, o pavillón do CEIP Graxal acollerá unha recepción real na que as persoas asistentes poderán gozar de (apta para persoas celíacas)

Proxección da película “Demos de Barro” en Vila Concepción

A Casa de la Cultura Vila Concepción acollerá este venres, 3 de febreiro, ás 20.00 horas a proxección da película "Demos de Barro". As personas interesadas deberán reservar as súas entradas por teléfono chamando ao 881 9174 32. Así mesmo, poderán facelo presencialmente na propia Casa da Cultura.

Programa de actividades polo Día Mundial contra o Cancro

Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada de charlas a cargo de expertos e pacientes. A actividade levarase a cabo o sábado, 4 de febreiro, de 19.00 a 22.00 horas, no salón de plenos do Concello. A xornada busca funcionar como un debate no que o público poderá interactuar cos relatores que, […]

Concurso de disfraces en Casa Arrigada

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza un concurso de disfraces en Casa Arrigada. A cita terá lugar o venres, 17 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas.

Festa de Entroido en Casa Palmeiras

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza unha festa de Entroido en Casa Palmeiras. A cita terá lugar o venres, 17 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas.

Festa infantil de Entroido no pavillón do Graxal

O Concello de Cambre organiza unha festa infantil de Entroido no pavillón do Graxal. A cita terá lugar o luns, 20 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas. Como parte do evento haberá zona de xogos e inchables, área para bebés de 0 a 3 anos e chocolate para os nenos e nenas.

Obradoiro de maquillaxe para Entroido en Casa Arrigada

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza un obradoiro de maquillaxe para Entroido.  A cita terá lugar o luns, 20 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas, en Casa Arrigada.

Obradoiro de repostería de Entroido en Casa das Palmeiras

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza un obradoiro de repostería de Entroido. A cita terá lugar o luns, 20 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas, en Casa das Palmeiras.  

Festa infantil de Entroido no pavillón Sofía Toro

O Concello de Cambre organiza unha festa infantil de Entroido no pavillón Sofía Toro. A cita terá lugar o martes, 21 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas. Como parte do evento haberá zona de xogos e inchables, área para bebés de 0 a 3 anos e chocolate para os nenos e nenas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.