Proxección do documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’
Casa da Cultura Vila ConcepciónA Casa da Cultura Vila Concepción acollerá o xoves, 5 de outubro, ás 20.30 horas a proxección do documental Cardoña fotos a 7 pesetas. Ademais da propia proxección, a actividade incluirá tamén un coloquio co director, Carlos Lorenzo. A entrada é libre e gratuíta.