Noutrora

Trátase dun festival temático que recrea as primeiras décadas do século XX, unha viaxe no tempo no que a recreación xoga un papel indispensable. Celébrase en Semana Santa e o seu obxectivo básico é dar a coñecer de forma lúdica e festiva a forma de vida dunha época que marcou o inicio da conformación do Cambre moderno. Actividades de todo tipo, música, xogos, literatura, cinema, merenda…, co imprescindible engadido da recreación histórica na que o protagonista é o público. Para o visitante, para o turista e para os veciños, xa se está convertendo nunha data imprescindible, marcada permanentemente no almanaque.