Obradoiros e xogos no Entroido 2026

15 Ene 2026

O Concello de Cambre pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros e Xogos no Entroido 2026, unha actividade de conciliación da vida laboral e familiar dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO, durante as vacacións escolares do Entroido.

As actividades desenvolveranse os días 16 e 18 de febreiro de 2026 no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, e incluirán propostas lúdico-deportivas e culturais relacionadas co Entroido, adaptadas ás diferentes idades dos participantes.

Prazo de inscrición

O prazo ordinario de inscrición estará aberto do 19 ao 23 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos).
Fóra deste prazo, poderán presentarse solicitudes de alta, sempre que existan prazas vacantes, ata o 5 de febreiro de 2026 ás 23:59 h.

Prazas

O número de prazas ofertadas será dun mínimo de 20 e un máximo de 70 participantes, en función da modalidade e dos servizos solicitados.

Servizos e horarios

O programa inclúe diferentes modalidades, entre as que se atopan:

  • Servizo de mañanceiro con almorzo

  • Actividades de mañá

  • Servizo de comida no comedor escolar
    Os horarios varían segundo a modalidade elixida, podendo abranguer desde as 7:30 ata as 16:30 horas.

Prezos

Os prezos públicos e posibles reducións son os establecidos na ordenanza municipal vixente. No PDF informativo detállanse todas as modalidades dispoñibles e os seus importes correspondentes.

Documentación

Para formalizar a inscrición será necesario presentar:

  • Solicitude de inscrición

  • Autorización para a consulta do nivel de renda

  • Documentación complementaria segundo o caso (IBAN, libro de familia, situación laboral ou familiar, etc.)

Toda a información detallada sobre criterios de selección, documentación requirida, prezos, publicación de listaxes e funcionamento do programa pode consultarse no PDF informativo adxunto

AUTORIZACIÓN RENTA OBRADOIROS E XOGOS NO ENTROIDO 2026
INFORMACION PROGRAMA ENTROIDO 2026
SOLICITUDE INSCRICIÓN ENTROIDO 2026

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.