O Concello de Cambre pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros e Xogos no Entroido 2026, unha actividade de conciliación da vida laboral e familiar dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO, durante as vacacións escolares do Entroido.
As actividades desenvolveranse os días 16 e 18 de febreiro de 2026 no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, e incluirán propostas lúdico-deportivas e culturais relacionadas co Entroido, adaptadas ás diferentes idades dos participantes.
Prazo de inscrición
O prazo ordinario de inscrición estará aberto do 19 ao 23 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos).
Fóra deste prazo, poderán presentarse solicitudes de alta, sempre que existan prazas vacantes, ata o 5 de febreiro de 2026 ás 23:59 h.
Prazas
O número de prazas ofertadas será dun mínimo de 20 e un máximo de 70 participantes, en función da modalidade e dos servizos solicitados.
Servizos e horarios
O programa inclúe diferentes modalidades, entre as que se atopan:
-
Servizo de mañanceiro con almorzo
-
Actividades de mañá
-
Servizo de comida no comedor escolar
Os horarios varían segundo a modalidade elixida, podendo abranguer desde as 7:30 ata as 16:30 horas.
Prezos
Os prezos públicos e posibles reducións son os establecidos na ordenanza municipal vixente. No PDF informativo detállanse todas as modalidades dispoñibles e os seus importes correspondentes.
Documentación
Para formalizar a inscrición será necesario presentar:
-
Solicitude de inscrición
-
Autorización para a consulta do nivel de renda
-
Documentación complementaria segundo o caso (IBAN, libro de familia, situación laboral ou familiar, etc.)
Toda a información detallada sobre criterios de selección, documentación requirida, prezos, publicación de listaxes e funcionamento do programa pode consultarse no PDF informativo adxunto
AUTORIZACIÓN RENTA OBRADOIROS E XOGOS NO ENTROIDO 2026
INFORMACION PROGRAMA ENTROIDO 2026
SOLICITUDE INSCRICIÓN ENTROIDO 2026