Servizo especial de autobús gratuíto con motivo do Entroido Pequeno

18 Feb 2026

O Concello poñerá en marcha este sábado 21 un servizo especial de autobús urbano gratuíto con motivo da celebración do Entroido Pequeno, co obxectivo de facilitar os desprazamentos da veciñanza ata o recinto festivo.

O vehículo será accesible, con plataforma baixa e rampa para persoas con mobilidade reducida, e realizará un percorrido por diferentes parroquias do municipio con frecuencia aproximada dunha hora, desde as 15:00 h ata as 02:30 h da madrugada.

Aparcamento e mobilidade

Debido ás choivas dos últimos días, os aparcadoiros habilitados habitualmente en fincas anexas ao campo da feira atópanse anegados de auga, polo que non se pode garantir o seu estado nin a dispoñibilidade de prazas nas inmediacións.

Por este motivo, recoméndase o uso do servizo especial de autobús e dos aparcadoiros disuasorios habilitados.

Aparcadoiros disuasorios

As persoas asistentes poderán deixar o seu vehículo nos seguintes puntos e utilizar o autobús para desprazarse comodamente:


Horarios aproximados e paradas

O Temple – 15:00 h
• Cuesta Tapia – Mafre
• Cuesta Tapia – Casa Palmeras
• Paraguas – Farmacia

Portofaro – 15:02 h
• Estrada Temple–Muiños – Parada bus

A Barcala – 15:05 h
• Parada bus

Cambre – 15:07 h
• Estrada Cambre Temple – P. bus A Pena
• Estrada Cambre Temple – P. bus Amil
• Cambre Día

Mesón Vasco – 15:10 h
• Parada bus
• O Souto – Parada bus

Os Campóns – 15:13 h
• Estrada A Cabaña – P. bus Bar O Pote
• Estrada A Cabaña – P. bus Casa Celia
• Estrada A Cabaña – P. bus Imprenta A y R

A Rocha – 15:20 h
• N-550 Rocha 1 – Parada bus
• N-550 Altamira – P. bus Igrexa
• N-550 Altamira – P. bus Fonte
• N-550 Altamira – P. bus Outlet
• Andeiro – Parada bus Igrexa

San Lourenzo – 15:30 h

Meixigo – 15:40 h

Brexo – 15:45 h
• San Paio – Parada bus
• Brexo Lema – Parada bus colexio
• Formigueiro – Parada bus

Bribes – 15:45 h
• Bribes – Parada bus Cruceiro
• Nebrixe – Parada bus

Cecebre – 15:50 h
• Mosteiro – Parada bus
• Fundación Wenceslao – Parada bus
• Apeadeiro Cecebre – Parada bus
• Estrada Cecebre – Urbanización O Bosque
• Cuatro Caminos – Parada bus

Pravio – 15:53 h
• Cruce Pravio con Armental – Parada bus
• Castellana – Parada bus antes da Gardería A Fraga
• Rúa Drozo – Parada bus

Cambre – 15:55 h

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.