As actividades desenvolveranse os días 16, 19, 23 e 30 de outubro e incluirán decoración, intercambio de disfraces, unha proposta sobre a lenda da Casa das Palmeiras e un desfile no paseo do Temple

A Casa das Palmeiras acollerá durante o mes de outubro unha programación especial con motivo do Samaín, con diferentes actividades abertas á participación de persoas de todas as idades.

A primeira proposta terá lugar o venres 16 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas, cunha actividade de decoración da Casa das Palmeiras con elementos propios do Samaín.

O luns 19 de outubro, a partir das 18.00 horas, iniciarase un intercambio de disfraces, no que as persoas participantes poderán levar aqueles que xa non utilicen e intercambialos por outros. A actividade manterase ata o 2 de novembro ou ata a fin de existencias.

O venres 23 de outubro, entre as 17.00 e as 20.00 horas, celebrarase a actividade “A lenda da Casa das Palmeiras”, unha proposta arredor das historias e misterios vinculados ao edificio.

A programación finalizará o venres 30 de outubro cun desfile de disfraces no paseo do Temple, que terá lugar de 17.00 a 20.00 horas. A actividade estará aberta a todas as idades e contará con premios aos disfraces máis destacados.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar a través dos teléfonos 981 65 02 69 e 698 178 424, ou no correo electrónico infoxuvenil@cambre.org.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.