A Casa das Palmeiras acollerá unha programación especial de Samaín durante o mes de outubro

15 Oct 2026

A Casa das Palmeiras acollerá unha programación especial de Samaín durante o mes de outubro

As actividades desenvolveranse os días 16, 19, 23 e 30 de outubro e incluirán decoración, intercambio de disfraces, unha proposta sobre a lenda da Casa das Palmeiras e un desfile no paseo do Temple

A Casa das Palmeiras acollerá durante o mes de outubro unha programación especial con motivo do Samaín, con diferentes actividades abertas á participación de persoas de todas as idades.

A primeira proposta terá lugar o venres 16 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas, cunha actividade de decoración da Casa das Palmeiras con elementos propios do Samaín.

O luns 19 de outubro, a partir das 18.00 horas, iniciarase un intercambio de disfraces, no que as persoas participantes poderán levar aqueles que xa non utilicen e intercambialos por outros. A actividade manterase ata o 2 de novembro ou ata a fin de existencias.

O venres 23 de outubro, entre as 17.00 e as 20.00 horas, celebrarase a actividade “A lenda da Casa das Palmeiras”, unha proposta arredor das historias e misterios vinculados ao edificio.

A programación finalizará o venres 30 de outubro cun desfile de disfraces no paseo do Temple, que terá lugar de 17.00 a 20.00 horas. A actividade estará aberta a todas as idades e contará con premios aos disfraces máis destacados.

As persoas interesadas en participar nas actividades poden realizar a súa inscrición a través do seguinte formulario:

https://forms.gle/hZTc4ChjxcwyrX3k9

Para obter máis información, tamén se pode contactar a través dos teléfonos 981 65 02 69 e 698 178 424, ou no correo electrónico infoxuvenil@cambre.org.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.