A alcaldesa e o concelleiro de ADL visitan Vánagandr, empresa gañadora do International Spirits Challenge 2024 á mellor xenebra

4 Feb 2025

A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, e o concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Local, Ramón Boga, visitaron as instalacións da destilería Vánagandr, gañadora do premio International Spirits Challenge 2024 á mellor xenebra. Deste xeito, continúa o contacto con diversas empresas e persoas emprendedoras do municipio.

Alí foron recibidos polo fundador da compañía, Enrique Pena, que deu a coñecer a súa traxectoria profesional e o camiño percorrido ata lanzar ao mercado a xenebra Vánagandr, un produto que recibiu prestixiosos premios e recoñecementos a nivel internacional pola súa calidade.

Durante unha visita polas súas instalacións, o empresario mostrou o proceso de destilación da xenebra, que se realiza con ingredientes de primeira calidade, contén unha mestura secreta de botánicos sen engadir produtos posteriormente e que xa ten presenza en países como Estados Unidos, Australia ou Xapón.

Ademais de explicar parte do proceso produtivo e de investigación, Enrique Pena comentou algunhas das creacións nas que xa traballan, coas que buscarán repetir o éxito alcanzado en 2024, ano no que Vánagandr coroouse como gañadora do premio International Spirits Challenge á mellor xenebra “London Dry” do mundo.

“É un orgullo contar no noso concello con empresas como Vánagandr, cunha clara aposta pola calidade e vocación internacional, e cun equipo de profesionais con entusiasmo e paixón polo que fan, e que levan o nome de Cambre polo mundo adiante”, destacó la alcaldesa.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.